Non haberá novas eleccións xerais: seguirá a gobernar a Troika

Gobernará a Troika. No Estado español seguirá a mandar o grande empresariado e a banca, o capital. Eis a única certeza sobre quen ocupará a Moncloa após os resultados das eleccións xerais do 20D. O bipartidismo sistémico, PP-PSOE, retrocedeu, si. Porén, o principal cambio nese bloque é que pasa a se formular en tridente con Ciudadanos. Así a Troika continúa a ter maioría absoluta no Congreso, con 253 escanos.

Seguir lendo “Non haberá novas eleccións xerais: seguirá a gobernar a Troika”

A maioría social no Debate do Estado por boca do BNG.

Francisco Jorquera, exercendo de voceiro do BNG no Congreso dos Deputados, volveu demostrar que existe unha alternativa real, transformadora, comprometida co pobo galego desde o nacionalismo e a esquerda. A súa intervención de hoxe no Debate sobre Política Xeral do Estado evidenciou que non só non todas as propostas políticas son iguais, senón que existe … Seguir lendo A maioría social no Debate do Estado por boca do BNG.

Estatutos, nacións e soberanía.

A sentenza do Tribunal Constitucional contra o Estatut tivo un dobre efecto inmediato. En primeiro lugar, como é obvio, afondou na aldraxe que xa previamente cometera o Congreso dos Deputados contra un texto aprobado daquela por unha amplísima maioría do Parlament, limitando dun xeito evidente o marco de autogoberno que, curiosamente, xa se está aplicar en Cataluña. Por outra banda, a resolución do TC desbloqueou de facto tamén reformas estatutarias pausadas como a galega.

As conclusións evidentes de todo este proceso é que o deseño dun estado plural, que se alicerce no recoñecemento xurídico da súa plurinacionalidade, pluriculturalidade e plurilingüismo, vai esixir tamén cambios de calado lexislativo. Máxime nun Estado que, desde unha interesada falsa separación de poderes, coloca unha instancia xudicial como o TC a xeito de 4ª cámara lexislativa, por riba dos parlamentos autonómicos, Congreso e Senado.

Seguir lendo “Estatutos, nacións e soberanía.”

Máis soberanía.

Somos un país simpático. Só así se pode entender un feito tan relevante como o do traspaso de competencias do Estado a Galiza, en materias tan importantes como a xestión de museos, bibliotecas, arquivos, becas ao estudo, o saldo da débeda de superficie, a inspección de traballo e instalacións patrimoniais, teña pasado aparentemente desapercibido. Esas … Seguir lendo Máis soberanía.

Sobre o que está a acontecer en Grecia (I)

Foto de Alexandros-Andreas Grigoropoulos asasinado a mans da policía grega. Dentro do barullo mediático habitual é relativamente complexo facerse con información libre de manipulación sistémica, e que ofreza un contrapunto ás teses que o mass media oficial están a difundir como “información” a respecto do que está a acontecer en Grecia. Moi recomendábel o artigo … Seguir lendo Sobre o que está a acontecer en Grecia (I)

Arredor da crise…

Hai varias semanas, penso que case un mes, que estou a matinar na preparación dun texto, supoño que co formato de artigo, arredor da crise económica que estamos a vivir, e que cada día enche con pouca información e moito morbo abstracto as grellas televisivas, sobre todo de programas pseudo-informativos. Non é que vaia preparar … Seguir lendo Arredor da crise…