O compromiso coherente do PCP.

A resistencia electoral da coalición CDU, amosa a fortaleza social das e dos comunistas portugueses

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/fcG06R0hVHk" width="645" height="300" wmode="transparent" /]

As eleccións portuguesas non ofrecen un resultado positivo, xa que a dereita ultraliberal representada polo PSD e mailo CDS-PP faranse coas rendas do goberno, nunha república presidida polo conservador Cavaco Silva. O certo é que asistimos a unha mera alternancia, sen que represente ningún cambio substancial, posto que o executivo do social-liberal PS de Sócrates partillaba xunto ao PSD o programa de reformas antisociais que a troika neoliberal -isto é o Banco Central Europeo, a Comisión Europea e o Fondo Momentario Internacional- vén de impoñer mediante un interesado rescate forzoso. Rescate nunha economía paradoxalmente menos endebedada que a española, e que se suma ao xa realizado en Grecia.

Seguir lendo “O compromiso coherente do PCP.”

Convención Nacional Electoral #BNG2011

Mañá terá lugar a Convención Nacional Electoral do Bloque Nacionalista Galego de cara as eleccións municipais do 22 de maio. Ademais de participar na mesma, exercerei de CiberBloqueiro retransmitindo fundamentalmente a través do meu Twitter (@contradiscurso) o que nela aconteza. Así mesmo poderedes seguir a outras/os ciberbloqueiras/os no twitter a través do hashtag #BNG2011. Seguir lendo Convención Nacional Electoral #BNG2011

O nacionalismo galego en ascenso.

Recentes sondaxes veñen confirmar a tendencia ascendente, desde un punto de vista electoral, que os estudos do CIS lle estiveron prevendo ao BNG após o recuar que o desaloxaría do Goberno galego.

Onte vían a luz dous novos inquéritos. Un publicado no españolista La Razón e outro no diario filoprogresista Público. O primeiro, inda atribuíndo unha perda de varias decenas de miles de votos, daba por asegurado que de celebrarse hoxe as Eleccións Xerais, o Bloque mantería a súa representación no Parlamento Español con 2 deputadas/os. No segundo, que se encadra nunha serie histórica do denominado Publiscopio, outórgaselle ao nacionalismo galego un 1,4% de votos no eido de Estado.

Seguir lendo “O nacionalismo galego en ascenso.”

Apuntamentos sobre Alemaña e Portugal.

dsc_2025

O domingo celebráronse simultaneamente eleccións lexislativas nas repúblicas do Portugal e da Alemaña.

De entrada os gobernantes Sócrates e Merkel, previsibelmente, continuarán catro anos máis na presidencia do executivo. Ambos precisarán alianzas parlamentarias, non só para a súa investidura senón mesmo para garantir a execución do seu programa de goberno. Tanto no Portugal como na Alemaña o escrutinio describe un claro xiro ideolóxico, inda que de senso contrario. Así as e os portugueses retiráronlle a folgada maioría absoluta do socialista Sócrates, premendo por un xiro á esquerda que se facía imprescindíbel. Alemaña, porén, optou por satisfacer os desexos da actual chanceler desbancando da gran coalición gobernante ao socialdemócrata SPD para substituílo polos liberais da FDP.

Seguir lendo “Apuntamentos sobre Alemaña e Portugal.”

A esquerda avanza na Alemaña.

A conservadora CDU de Angela Merkel perdeu a maioría absoluta en dous dos tres estados onde o domingo pasado se celebraron eleccións rexionais e municipais, cun retroceso de máis de dez puntos nos länder de Sarre e Turingia. Pese a este serio revés, o partido da actual chanceler continúa sendo a primeira forza política na meirande parte dos estados que compoñen a federación alemá.

Porén, a gran sorpresa foi o excepcional resultado obtido por Die Linke, A Esquerda, que liderada por Oskar Lafontaine e Gregor Gysi, se confirma como a segunda forza política no leste alemán, a moita distancia do SPD. O mellor resultado produciuse no Sarre, onde a candidatura do Die Linke acadou o 21% dos votos, cun incremento de 18 puntos. O socialdemócrata SPD, actualmente coligado a escala federal coa CDU de Merkel, continúa pola súa banda o seu retroceso iniciado coa derrota de Gerhard Schroeder, aínda que nestes comicios deu síntomas de comezar a desaceleralo lixeiramente.

Seguir lendo “A esquerda avanza na Alemaña.”

O exemplo de Mos.

O municipio de Mos, na comarca de Vigo, estivo estes últimos días de sonada actualidade. O feito que lanzou á primeira plana informativa a este concello de menos de 15.000 habitantes, pero de crecente importancia dentro da área metropolitana viguesa, foi a moción de censura presentada polo Partido Popular e que co apoio do tránsfuga … Seguir lendo O exemplo de Mos.