As eleccións do 20-N e nós.

Se algo caracterizou a ZP foi a súa prodixiosa habilidade para o efectismo político. O final da súa etapa á fronte do goberno español non podía esquivar esa teima pola maxia dos xestos. Teremos adianto electoral, malia que fose negado e descartado polo propio presidente e o seu gabinete decenas de veces. As eleccións xerais serán o 20 de novembro, a data na que morreu Franco.

Con Rubalcaba nada é casual; a data escollida tampouco. Seica o PP de Rajoy non é bastante motivo para alentar o medo á dereita, no que parece que o PSOE confía as súas escasas posibilidades de vitoria, e decidiron resucitar a momia do ditador.

Seguir lendo “As eleccións do 20-N e nós.”