22-M: factores, causas e conclusións para o nacionalismo galego
Compre rachar definitivamente coas inercias que supeditan a organización á representación institucional
Se ben os resultados obtidos polo nacionalismo galego nos comicios municipais do 22 de maio non foron positivos, tampouco representan a debacle que interesadamente denuncian precisamente os inimigos da causa nacionalista. Pola súa natureza, tratándose dunhas eleccións locais é moi complexo tirar conclusións de carácter xeral ou que afecten a espazos supramunicipais.
En todo caso cabe apuntar algunhas cuestións. En primeiro lugar o Partido Popular tivo en Galiza un polo de especial resistencia contra da súa ‘maré azul’ coa que varreu a nivel estatal ao social-liberalismo (PSOE); neste feito, dado o acentuado descenso do PSdG, xogou un papel relevante a fortaleza social do nacionalismo.
Seguir lendo “22-M: factores, causas e conclusións para o nacionalismo galego”