Poder popular

A participación é a base ineludible para construír unha democracia efectiva e plena. O chamado goberno do pobo non se pode limitar á delegación electoral en institucións políticas que as máis das veces escapan do control social e nas que se consuman non poucas traizóns á vontade popular.

A democracia formal vixente alargou o exercicio da pretendida representatividade ata a substitución de facto do suxeito representado: o pobo.

Seguir lendo “Poder popular”

Democracia participativa.

Unha das principais achegas do 15-M foi situar a reivindicación de máis democracia nun primeiro plano. Esa nova democracia real só pode asentarse na participación directa da veciñanza. Non se trata de facer desaparecer as estruturas representativas do poder político, senón de incrementar a capacidade da cidadanía de incidir sobre a acción deste.

O eido municipal, pola súa proximidade, presenta grandes potencialidades neste senso. O gran reto pasa por aumentar os mecanismos de participación directos ao tempo que se avanza cara á descentralización dos concellos.

Seguir lendo “Democracia participativa.”

Sortu: a “democracia” española a proba.

A non legalización de Sortu evidenciaría que o problema non é a violencia, senón a deliberada exclusión dun proxecto político.

Conversaba hai meses cun coñecido meu respecto do conflito político en Euskadi. Cando eu lle manifestaba a miña completa oposición á antidemocrática Lei de partidos, el retrucaba sereno esgrimindo o argumentario que reproducen os media españois. “¡É sinxelo: que condenen a violencia!”, exclamaba. Eu respostáballe que inda compartindo con el a necesidade de que a esquerda abertzale apostase decidida e unicamente pola vía política, iso non ía bastar a quen a esixe cando se producise. Sorriu con escepticismo, xa que lle parecía imposíbel que o abertzalismo acabase dando ese paso decisivo.

Díxenlle que non bastaría cumprir con ese requirimento e cos demais recollidos no articulado da infame Lei de partidos. Non ía bastar, pois a cada requisito cumprido, a cada proba superada, iríanse engadindo máis e máis, coa pretensión de facer esmorecer por esgotamento a vontade democrática de soster ese proxecto político desde as institucións. Porque o conflito vasco non ten a ver unicamente coa violencia. Seguir lendo “Sortu: a “democracia” española a proba.”

Sortu: a "democracia" española a proba.

A non legalización de Sortu evidenciaría que o problema non é a violencia, senón a deliberada exclusión dun proxecto político.

Conversaba hai meses cun coñecido meu respecto do conflito político en Euskadi. Cando eu lle manifestaba a miña completa oposición á antidemocrática Lei de partidos, el retrucaba sereno esgrimindo o argumentario que reproducen os media españois. “¡É sinxelo: que condenen a violencia!”, exclamaba. Eu respostáballe que inda compartindo con el a necesidade de que a esquerda abertzale apostase decidida e unicamente pola vía política, iso non ía bastar a quen a esixe cando se producise. Sorriu con escepticismo, xa que lle parecía imposíbel que o abertzalismo acabase dando ese paso decisivo.

Díxenlle que non bastaría cumprir con ese requirimento e cos demais recollidos no articulado da infame Lei de partidos. Non ía bastar, pois a cada requisito cumprido, a cada proba superada, iríanse engadindo máis e máis, coa pretensión de facer esmorecer por esgotamento a vontade democrática de soster ese proxecto político desde as institucións. Porque o conflito vasco non ten a ver unicamente coa violencia. Seguir lendo “Sortu: a "democracia" española a proba.”

O BNG votou contra a prórroga do Estado de Alarma.

A esquerda parlamentar no Congreso dos Deputados (BNG, NaBai, ERC-IU-ICV) opúxose a prolongación desta medida que suspende dereitos constitucionais. [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/S-3rQnncm-8″ width=”520″ height=”320″ wmode=”transparent” /] Apenas 9 votos en contra, entre eles os da deputada Olaia Fdez. e o do deputado Francisco Jorquera (do BNG), recibiu a proposta do goberno español de prolongar até o … Seguir lendo O BNG votou contra a prórroga do Estado de Alarma.

A vixencia do movemento veciñal.

O xornalista Manuel López Prado publicaba estes días noutro xornal un duro artigo contra do movemento veciñal baixo o gráfico título de “O obsoleto movemento veciñal” (ler aquí).

López Prado comezaba o seu ataque xornalístico afirmando que dos gloriosos anos que converteran ao veciñal nun dos principais movementos sociais na vida sociopolítica de cidades tan relevantes coma Vigo, hoxe tres décadas despois ficaba de capa caída. Falou de presuntos controis partidistas da Federación Veciñal daquela cidade, e da actitude bélica de Abel Caballero en contra desta.

Pero o cerne ficaba ao final da columna, no que desacreditaba as persoas que compomos a candidatura plural que dará o relevo ao actual equipo directivo da federación veciñal viguesa, após un proceso democrático de censura avalado por 19 das 35 asociacións federadas. As mesmas que nos propoñen a cada un dos integrantes da candidatura, para asumirmos o reto de colocar o movemento veciñal na senda que nunca debeu abandonar, que non é outra que a dos seus principios fundacionais de democracia, unidade, independencia e reivindicación.

Seguir lendo “A vixencia do movemento veciñal.”

Non á Constitución.

auto-p

Por razóns biolóxicas elementais non puiden participar do referendo da Constitución Española de 1978. Porén, o certo é que de poder telo feito tería votado non. Basicamente por concordar cento por cento coa valoración que naquela altura fixo o nacionalismo galego, nun acto valente de firmeza ideolóxica e de coherencia, que turraba contracorrente da legalización do franquismo -chamada transición democrática-, por unha democracia real que partise do recoñecemento da nosa nación. Proxectar o que un tería votado en chave pretérita é certo que resulta sinxelo e tremendamente cómodo. A cuestión é que de ter a oportunidade hoxe de referendar aquela Constitución, ou calquera semellante, o meu voto tamén sería contrario.

O españolismo ten feito da actual carta magna un texto case sagrado e santificado. A súa data conmemorativa serve todos os anos para un enxalzamento chauvinista e tremendamente rancio. Hai quen a reivindica sen tapuxos por ser garante, forzoso, da santa unidade da España Unha. Hai tamén, quen disimula, alegando que con ela chegaron as liberdades.

Seguir lendo “Non á Constitución.”

Primeiras conclusións no BNG.

As asembleas comarcais do BNG celebradas o pasado sábado 18, e cuxo cerne era o debate do documento político aprobado polo Consello Nacional, que será a ponencia da vindeira Asemblea Nacional Extraordinaria, así como a elección das e dos delegados para o citado cónclave, saldáronse cunha participación amplísima, e mesmo histórica, e co inicio de … Seguir lendo Primeiras conclusións no BNG.

A orde criminal do mundo

Interesante documental, no que se recollen as análises de, entre outros, Jean Ziegler e Eduardo Galeano, sobre a actual orde mundial, e a necesidade de derrubar o capitalismo, para reconquistar a dignidade para a humanidade. Moi recomendábel. [kml_flashembed movie=”http://video.google.com/googleplayer.swf?docid=-639917879259387994″ width=”400″ height=”326″ wmode=”transparent” /] Seguir lendo A orde criminal do mundo