Patchwork de argumentos para o debate no BNG

Nos grandes debates adoitan ser máis as preguntas que as certezas, as dúbidas que as rotundidades. Nos debates importantes as teses correctas acostuman ser unha síntese, coherente pero diversa, que recolla o máis acertado (procesándoo a través do debate e o contraste) das análises e das propostas.

Seguir lendo “Patchwork de argumentos para o debate no BNG”

A maioría social no Debate do Estado por boca do BNG.

Francisco Jorquera, exercendo de voceiro do BNG no Congreso dos Deputados, volveu demostrar que existe unha alternativa real, transformadora, comprometida co pobo galego desde o nacionalismo e a esquerda. A súa intervención de hoxe no Debate sobre Política Xeral do Estado evidenciou que non só non todas as propostas políticas son iguais, senón que existe … Seguir lendo A maioría social no Debate do Estado por boca do BNG.

[!] Resultados da enquisa: Ao fío do debate lingüístico.

A maioría discrepa das teses do IGEA, avala a actual posición do BNG e aposta pola hexemonía social do galego como obxectivo estratéxico.

Rematado o período de votación na enquisa, que se iniciou o 24 de decembro e rematou o derradeiro día do pasado ano 2010, a seguir preséntovos unha síntese co máis destácabel dos resultados da mesma. Seguir lendo “[!] Resultados da enquisa: Ao fío do debate lingüístico.”

Últimas 48h para participar na enquisa encol do debate lingüístico.

Restan apenas dous días, até o 31, para que participedes no cuestionario que a xeito de enquisa elaborei para pulsar a vosa opinión a respecto do debate suscitado polo Informe IGEA. A que agardades? Participa na enquisa . P.S.: No caso de que o número de participantes no inquérito non chegase a 100 probabelmente o … Seguir lendo Últimas 48h para participar na enquisa encol do debate lingüístico.

“É o nacionalismo paleto o que afoga a lingua”

Culpabilizar ao nacionalismo galego da situación do noso idioma é tanto como acusar ao movemento anti-apartheid da discriminación racial que combatía.

Conforme o debate/polémica encol da necesidade (ou non) de reformulación do discurso que ha de soster o movemento de defensa da lingua xurdido ao abeiro do Informe IGEA, máis ás claras vai quedando o que realmente subxace tras del. Baixo esa aparente pretensión de remozar e anovar o discurso en defensa do galego agroman cada vez con maior claridade posicións que teñen intencións ben diferentes. Disto xa falei nun recente artigo, ao denunciar a intención oculta de aproveitar este debate sobre o xeito no que actuarmos para modificar os obxectivos da nosa actuación.

Mais hai algunhas intervencións públicas que resultan tremendamente preocupantes por presentar “argumentacións” certamente inaceptábeis. Unha das que maior indignación me provocou é da autoría de XOsse Dorrío, que nun comentario no grupo de Facebook “Debate sobre un novo discurso lingüístico” -impulsado por Filipe Diez-, que é un dos puntos da Rede onde se está a concentrar o intercambio de pareceres que algúns queren elevar á categoría de debate, deitou a barbaridade que vos presento a seguir: Seguir lendo ““É o nacionalismo paleto o que afoga a lingua””

"É o nacionalismo paleto o que afoga a lingua"

Culpabilizar ao nacionalismo galego da situación do noso idioma é tanto como acusar ao movemento anti-apartheid da discriminación racial que combatía.

Conforme o debate/polémica encol da necesidade (ou non) de reformulación do discurso que ha de soster o movemento de defensa da lingua xurdido ao abeiro do Informe IGEA, máis ás claras vai quedando o que realmente subxace tras del. Baixo esa aparente pretensión de remozar e anovar o discurso en defensa do galego agroman cada vez con maior claridade posicións que teñen intencións ben diferentes. Disto xa falei nun recente artigo, ao denunciar a intención oculta de aproveitar este debate sobre o xeito no que actuarmos para modificar os obxectivos da nosa actuación.

Mais hai algunhas intervencións públicas que resultan tremendamente preocupantes por presentar “argumentacións” certamente inaceptábeis. Unha das que maior indignación me provocou é da autoría de XOsse Dorrío, que nun comentario no grupo de Facebook “Debate sobre un novo discurso lingüístico” -impulsado por Filipe Diez-, que é un dos puntos da Rede onde se está a concentrar o intercambio de pareceres que algúns queren elevar á categoría de debate, deitou a barbaridade que vos presento a seguir: Seguir lendo “"É o nacionalismo paleto o que afoga a lingua"”

Teletipo #01: Inmersión lingüística.

“Só a inmersión lingüística pode salvar da presión do castelán” Jose Manuel Blecua, director da Real Academia Española (RAE). . Incomprensíbelmente parece que fóra do noso conflito lingüístico teñen as cousas máis claras que algúns pontífices da sociolingüística galega. Ler para crer. ___ Con esta entrada inauguro unha nova sección no blogue, na que baixo … Seguir lendo Teletipo #01: Inmersión lingüística.

Mudar o “como” para baleirar o “que”.

Imos acabar no paroxismo de culpabilizar da situación do idioma a quen o defende e non a quen bate contra del?

Estamos a asistir estas semanas a un intenso debate, sore a suposta necesidade (ou non) de definírmonos un novo discurso no proceso de defensa e promoción do galego. A polémica se por algo se está a caracterizar é por un exceso de ruído e se me permiten de palla, de materia insubstancial.

Esta discusión amósase como un claro exemplo da teimuda pretensión dos segmentos ideoloxicamente máis moderados de mudar a orientación estratéxica -mediante a rebaixa dos obxectivos e a renuncia, inda que sexa parcial, nos principios-, non a través do debate claro nin da confrontación argumental, senón propoñendo un remozado dos métodos, das formas, dos instrumentos. Esa presunta vía propositiva no eido do como é só un subterfuxio do vello oportunismo de sempre para alterar o que. Seguir lendo “Mudar o “como” para baleirar o “que”.”