“Opresivo e gris? NON, crecer no comunismo foi a época máis feliz da miña vida”

Polo seu interese reproduzo aquí (traducido por min ao galego) este artigo de opinión de Zsuzsanna Clark, quen medrou en Hungría Socialista durante as décadas dos 70 e os 80, e posteriormente en Gran Bretaña. Nel narra as súas vivencias e realiza interesantes reflexións, que contrastan co discurso dominante sobre a vida nos países socialistas. Foi publicado no Dailymail e traducido ao español en El Pravda.

Cando a xente me pregunta como era crecer detrás do telón de aceiro en Hungría nos anos setenta e oitenta, a maioría espera escoitar contos de policía secreta, as colas de pan e outras declaracións desagradables sobre a vida nun estado de partido único.

Eles quedan sempre decepcionados cando lles explico que a realidade era moi diferente, e a Hungría comunista, lonxe de ser o inferno na terra, era en realidade, máis ben un lugar divertido para vivir. Os comunistas proporcionaban a todos con traballo garantido, boa educación e atención médica gratuíta.

Seguir lendo ““Opresivo e gris? NON, crecer no comunismo foi a época máis feliz da miña vida””

En defensa dunha rede libre.

Desta volta, e a diferenza doutro, si me adhiro a este manifesto en defensa dunha rede libre no marco dunha cultura libre, promovido por intelectuais, autores e xuristas a nivel estatal. Se coma min, acreditades nel, difundide o seu contido nos vosos blogues/redes sociais… Este é o texto, traducido ao galego:

Manifesto: En defensa dunha rede libre.

O recente “Manifesto en defensa dos dereitos fundamentais en Internet” foi subscrito por multitude de administradores de webs, bloggers e simples usuarios da Rede dun moi amplo abanico político. Revisando o escrito e dito sobre este manifesto, atopamos que temos algúns compañeiros “de viaxe” realmente incómodos. Xunto a quen apoian con sinceridade a libre difusión da cultura en Internet, un grupo de asinantes subscríbeo só para oporse ao goberno de Zapatero desde a dereita máis montaraz. Entre eles atopamos a xornalistas que defenden a libre descarga de películas ou música desde Internet pero son celosos gardiáns doutras formas moito máis inxustas e colonialistas de propiedade privada.

Seguir lendo “En defensa dunha rede libre.”

"Un país de cinema" I ciclo de cinema galego, en Vigo.

A Asemblea Local de Galiza Nova (organización xuvenil do BNG) de Vigo, no marco do programa de actividades que van desenvolver para celebrar o XX aniversario da fundación de GN, organiza o I ciclo de cinema galego “Un país de cinema”, que consistirá en cinco sesións nas que se proxectarán diferentes curtas e longametraxes galegas. … Seguir lendo "Un país de cinema" I ciclo de cinema galego, en Vigo.

“Un país de cinema” I ciclo de cinema galego, en Vigo.

A Asemblea Local de Galiza Nova (organización xuvenil do BNG) de Vigo, no marco do programa de actividades que van desenvolver para celebrar o XX aniversario da fundación de GN, organiza o I ciclo de cinema galego “Un país de cinema”, que consistirá en cinco sesións nas que se proxectarán diferentes curtas e longametraxes galegas. … Seguir lendo “Un país de cinema” I ciclo de cinema galego, en Vigo.