A crise, o sistema, a soberanía. Si existen alternativas!

A CIG, coa colaboración da Fundación Moncho Reboiras, ven de presentar un video-documental no que repasa o actual proceso de reorganización do capitalismo, baixo a coartada da “crise” económica. Aborda tamén  as nefastas consecuencias que está a ter para a clase traballadora en todo o mundo e as alternativas posíbeis, que pasan por un modelo … Seguir lendo A crise, o sistema, a soberanía. Si existen alternativas!

As beirarrúas poden agardar.

Os orzamentos son o instrumento político máis importante. Boa parte da política depende da toma de decisións de carácter económico. En que gastar e de onde recadar. Ficamos ás portas duns novos orzamentos para Vigo dos que apenas nada se sabe. Nova evidencia da urxente necesidade de transparentar e facer máis participativo o documento que decide onde meter os cartos de todas e todos.

Non é hora de grandes proxectos nin de petulantes anuncios. A forte crise indica que as  prioridades deben ser outras. As humanizacións, outrora fortemente reivindicadas, teñen sido convertidas en cuantiosos investimentos que enterran en pedra uns recursos cada vez máis escasos.

Seguir lendo “As beirarrúas poden agardar.”

Facer dos concellos parapetos anticrise.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/6VhlpEm6Rxw" width="520" height="320" wmode="transparent" /]

Debemos fuxir da equivocada concepción que fai dos concellos un ámbito exclusivamente de xestión,que ás máis das veces despreza a potencial capacidade deste marco. Proxéctase teimudamente a percepción dos concellos como administración cativas e complementares a outras, que atenden aspectos que outras administración de rango superior non queren ou non poden resolver.

Pola contra, o ámbito municipal polas súas competencias, pola súa capacidade económica -nada desprezábel-, pero sobre todo pola curta distancia que separa o deseño das medidas da súa execución, encerra unha importantísima capacidade transformadora para modificar substancialmente cuestións que afectan de cheo ás condicións materiais de vida do pobo. Seguir lendo “Facer dos concellos parapetos anticrise.”

As políticas do Partido Popular.

Mañá domingo, a macro-plataforma S.O.S. Sanidade Pública que aglutina 14 plataformas comarcais en defensa da sanidade pública e a numerosas organización sociais e sindicais de Galiza, convoca unha grande manifestación nacional baixo o lema “Contra a privatización da sanidade pública”.

A privatización da construción de infraestruturas sanitarias tan relevantes como o futuros hospitais ou novos centros de atención primaria, dan contido e fundamento a esa consigna. A ameaza de privatización é completamente real. Seguir lendo “As políticas do Partido Popular.”

Orzamentos, crise e alternativas.

Alén de non facer practicamente nada para tentar frear os efectos máis lesivos da vixente crise que segundo Feijóo ía superarse apenas unhas semanas despois de que tomase posesión, o seu desgoberno acaba de reiterarse na súa orientación neoliberal aprobando uns novos orzamentos antisociais.

Antisociais, e mesmo pro-crise, tendo en conta que a administración galega desiste de tentar paliar, inda que sexa en parte, a perda de investimento privado -que explica en parte o forte desemprego que azouta o noso país-, xa que no canto de incrementar o investimento público rebáixao. Por non falarmos dos novos recortes orzamentarios en eidos tan fulcrais como son a sanidade e o ensino; dereitos irrenunciábeis para a maioría social. Seguir lendo “Orzamentos, crise e alternativas.”

Prioridades fronte a crise

Leo nun xornal local arredor da polémica suscitada a respecto do destino que terán os 52 millóns de euros, que dentro do plano anticrise do goberno español lle foron asignados á cidade de Vigo. Disque o Alcalde-Presidente Abel Caballero (PSOE), no seu habitual afán unilateral, por non dicir despótico, quere destinar 45 millóns dese total … Seguir lendo Prioridades fronte a crise

Cartos para auxiliar aos banqueiros, pero non para erradicar a pobreza.

O Presidente da República Bolivariana de Venezuela, Hugo Chávez, deixou claro que o seu governo non vai secundar as accións de salvamento aos bancos, perante a crise económica mundial. Chávez foi taxante e afirmou que non vai dar un centavo para protexer á banca, e se hai algunha entidade con dificultadas será o Estado quen … Seguir lendo Cartos para auxiliar aos banqueiros, pero non para erradicar a pobreza.