Como celebrar a Constitución que nos nega?

“(…) a xestión de competencias delegadas pola soberanía española non é ningún xeito de autodeterminarse”

Un 6 de decembro máis asistimos ao enxalzamento do texto constitucional co que se legalizou de facto a ditadura franquista, converténdoa nunha democracia formal homologábel ás do resto da Europa occidental. Non foi ningún acto de xenerosidade, nin de repentina conversión aos valores democráticos. A constitución española foi -e segue a ser- un instrumento ao servizo da oligarquía capitalista española que precisaba a súa inserción plena no mercado europeo. O vixente texto constitucional, erixido en palabra sacra e inmutábel polo españolismo (tanto na súa variante neoliberal como na socialdemócrata), non contén ningún motivo de celebración, alén da superación formal dun réxime protofascista como foi o franquismo. Mais, algunha vez debemos superar a conservadora matraca do menos malo.

Esta constitución ten como un dos seus principais axiomas a negación da diversidade nacional do Estado, proclamando a indivisíbel unidade dunha entidade política (o Estado español) que non foi resultado senón dun continuado e artificioso proceso histórico de imposición e de asimilación centralista. Seguir lendo “Como celebrar a Constitución que nos nega?”

Estatutos, nacións e soberanía.

A sentenza do Tribunal Constitucional contra o Estatut tivo un dobre efecto inmediato. En primeiro lugar, como é obvio, afondou na aldraxe que xa previamente cometera o Congreso dos Deputados contra un texto aprobado daquela por unha amplísima maioría do Parlament, limitando dun xeito evidente o marco de autogoberno que, curiosamente, xa se está aplicar en Cataluña. Por outra banda, a resolución do TC desbloqueou de facto tamén reformas estatutarias pausadas como a galega.

As conclusións evidentes de todo este proceso é que o deseño dun estado plural, que se alicerce no recoñecemento xurídico da súa plurinacionalidade, pluriculturalidade e plurilingüismo, vai esixir tamén cambios de calado lexislativo. Máxime nun Estado que, desde unha interesada falsa separación de poderes, coloca unha instancia xudicial como o TC a xeito de 4ª cámara lexislativa, por riba dos parlamentos autonómicos, Congreso e Senado.

Seguir lendo “Estatutos, nacións e soberanía.”

Acto de GN en Vigo pola Autodeterminación!

A Asemblea Comarcal de Galiza Nova de Vigo organiza un ACTO PÚBLICO, no marco da campaña “A nosa lingua, a nosa nación, Autodeterminación!”, mañá domingo 6 de decembro (día da Constitución), e que ten por obxecto aproveitar esa data para reivindicar o dereito de libre autodeterminación e a defensa do noso idioma, que a actual consitución … Seguir lendo Acto de GN en Vigo pola Autodeterminación!

¡Galiza ceive, poder popular!

Un 6 de decembro máis a pompa españolista emprega toda a súa artillería, dende o institucional-protocolario até o ámbito metasimbólico, disque para celebrar a aprobación da Constitución Española de 1978. Un texto, o da “constitución colonial“, como ben se definira por un amplo sector do nacionalismo galego na época na que xermolou a carta magna, … Seguir lendo ¡Galiza ceive, poder popular!