Contrareforma constitucional.

A contrareforma constitucional perpetrada polo PPSOE, ou explicado doutro xeito, o golpe constitucional que a oligarquía financeira –fundamentalmente estranxeira– perpetrou a través dese bipartito, axúdanos a tirar algunhas conclusións que clarifican o escenario.

En primeiro lugar constata que o carácter sacro-santo do texto constitucional vixente, en base ao cal tanto PSOE coma PP sostiveron e sosteñen o carácter irreformábel da Constitución Española, pode entrar en suspensión sempre que sexa en beneficio das clases dominantes, do grande capital.

Seguir lendo “Contrareforma constitucional.”

Non á Constitución.

auto-p

Por razóns biolóxicas elementais non puiden participar do referendo da Constitución Española de 1978. Porén, o certo é que de poder telo feito tería votado non. Basicamente por concordar cento por cento coa valoración que naquela altura fixo o nacionalismo galego, nun acto valente de firmeza ideolóxica e de coherencia, que turraba contracorrente da legalización do franquismo -chamada transición democrática-, por unha democracia real que partise do recoñecemento da nosa nación. Proxectar o que un tería votado en chave pretérita é certo que resulta sinxelo e tremendamente cómodo. A cuestión é que de ter a oportunidade hoxe de referendar aquela Constitución, ou calquera semellante, o meu voto tamén sería contrario.

O españolismo ten feito da actual carta magna un texto case sagrado e santificado. A súa data conmemorativa serve todos os anos para un enxalzamento chauvinista e tremendamente rancio. Hai quen a reivindica sen tapuxos por ser garante, forzoso, da santa unidade da España Unha. Hai tamén, quen disimula, alegando que con ela chegaron as liberdades.

Seguir lendo “Non á Constitución.”