Si, é o discurso

Non é novo o desprezo cara ao discurso na análise política, nomeadamente á hora de debullar determinados comportamentos electorais. Ao fío dos resultados do pasado 20D, lense e escóitanse algunhas valoracións que teiman en insistir nesa chave, como unha manifestación máis do paternalismo co que se adoita infantilizar –consciente ou inconscientemente– o electorado.

Seguir lendo “Si, é o discurso”

Sermos Galiza na comunicación.

O peche do GH fixo que volvese agromar o debate a respecto da necesidade nacional de térmonos uns media propios, que se asenten na defensa e dignificación da nosa identidade, da nosa lingua e da nosa cultura, e que axan como activas palestras para a defensa dos intereses e dereitos do noso pobo.

A conmoción levou ao loito, o loito ao lamento, e o lamento máis unha vez á masoquista tradición da autoculpabilización. Estes días amosaron con crueza a faciana do paralizante sentimento de frustración que provocan nalgúns sectores os “fracasos”.

Seguir lendo “Sermos Galiza na comunicación.”

Escribir en medios hostís.

Lembro que un dos primeiros artigos que publiquei en prensa, senón mesmamente o primeiro, titularao “Política é convencer”. Naquel texto breve que viu a luz no quincenario A Peneira, que acaba de cumprir 500 exemplares ao servizo do país, reflexionaba a respecto do papel central que ten a conciencia no proceso político, e de que polo tanto, convencer para sumar debía ser a máxima de todo proxecto con aspiración de ser hexemónico socialmente.

Tirando algo máis do fío desa aseveración, se cadra excesivamente simple mais acaída, un conclúe que a comunicación é en consecuencia un ámbito central do traballo político. A batalla das ideas, indispensábel para crear conciencia e acumular forzas na construción dunha maioría social, dáse en boa medida coas ferramentas comunicativas das que dispoñamos.

Seguir lendo “Escribir en medios hostís.”

Nace “Pensar e Axer”, revista dixital de pensamento marxista e nacionalista galego.

Onte botou a andar un proxecto divulgativo da Asociación Cultural “Guieiro”, a Revista Dixital de Pensamento Marxista e Nacionalista Galego “Pensar e Axer”, que teño o pracer -e a responsabilidade- de dirixir. No seu Manifesto Editorial, explicamos as causas que a motivan e os seus obxectivos. Tanto Vieiros coma GZ Nación recolleron o nacemento. Este … Seguir lendo Nace “Pensar e Axer”, revista dixital de pensamento marxista e nacionalista galego.

Nace "Pensar e Axer", revista dixital de pensamento marxista e nacionalista galego.

Onte botou a andar un proxecto divulgativo da Asociación Cultural “Guieiro”, a Revista Dixital de Pensamento Marxista e Nacionalista Galego “Pensar e Axer”, que teño o pracer -e a responsabilidade- de dirixir. No seu Manifesto Editorial, explicamos as causas que a motivan e os seus obxectivos. Tanto Vieiros coma GZ Nación recolleron o nacemento. Este … Seguir lendo Nace "Pensar e Axer", revista dixital de pensamento marxista e nacionalista galego.

A manipulación da RTVG.

CRTVG-702742

O Partido Popular é fiel a súa peor tradición. A de empregar ao seu antollo, como meros instrumentos de propaganda e distorsión, os medios de comunicación públicos do noso país.

A cobertura ofrecida por parte da TVG e da Radio Galega a respecto da mobilización histórica e masiva convocada pola Plataforma Cidadá Queremos Galego! ven a ser o último exemplo, desa instrumentalización interesada, e da vocación permanentemente manipuladora da realidade do país.

Seguir lendo “A manipulación da RTVG.”

Contra a manipulación da RTVG.

>> Esta entrada secunda a ciberacción convocada por Blogues pola Lingua <<

O domingo 18 de outubro entre 50.000 (cifra dada pola Policía Local de Compostela) e 100.000 (cifra dada pola organización) galegas e galegos, de diferentes adscricións ideolóxicas, estratos sociolóxicos, e usos da lingua, nos manifestamos na defensa do noso idioma fronte o reiterado ataque que está a sufrir por parte do goberno da Xunta de Galiza presidido por Alberto Núñez Feijóo (PP), convocadas e convocados pola Plataforma Cidadá Queremos Galego integrada por unha diversidade plural de centos de colectivos e persoas.

Seguir lendo “Contra a manipulación da RTVG.”

Cortinas de fume

A situación de nación colonizada que padece Galiza tamén fica presente no relativo á comunicación. Así, o cerne da “información” ofrecida polos medios oficiais no noso país, é apenas unha mostra de sucursalismo patético perante o grande centro de noticias da metrópole madrileña. O ciclo de noticias do mass media, e a súa conseguinte calendarización … Seguir lendo Cortinas de fume