Asemblea Nacional de Delegadas/os Sindicais da CIG preparatoria da Folga Xeral.

Por dignidade temos que dar resposta a estes ataques, non podemos permitirllo. [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/Q9g-dij2Iyc” width=”520″ height=”320″ wmode=”transparent” /] >>Nova relacionada Seguir lendo Asemblea Nacional de Delegadas/os Sindicais da CIG preparatoria da Folga Xeral.

Entreguismo de CCOO e UGT.

Comisións Obreiras e UGT estarían en disposición de asumir e avalar o groso da reforma que procura a precarización das pensións públicas.

O anuncio de Comisións Obreiras e UGT no que as centrais españolas descartan a celebración dunha folga xeral en xaneiro volve amosar o entreguismo das cúpulas deses sindicatos. Porén, o máis grave desta decisión é o seu argumento. Seguir lendo “Entreguismo de CCOO e UGT.”

Cara unha nova folga xeral.

A CIG ven de manifestar estar disposta a valorar unha nova convocatoria de folga xeral, mesmo en solitario, se o Goberno central non desiste dos seus plans para a contrareforma das pensións e se non retira a reforma laboral que provocou a masiva contestación das clases traballadoras o pasado 29 de setembro.

Non parece un órdago, nin un anuncio gratuíto o da central sindical nacionalista e de clase. Ao contrario, após o rotundo éxito do 29-S percíbese con claridade a disposición de amplas capas das clases populares do noso país a seguir a mobilizarse, mesmo a través dunha nova folga, para frear as políticas neoliberais do goberno Zapatero.

Seguir lendo “Cara unha nova folga xeral.”

Dignidade e alento mobilizador.

O rotundo éxito da Folga Xeral en Galiza foi presentado pola práctica totalidade dos medios de comunicación como un medio fracaso. Fronte á distorsión mediática de pouco vale a percepción empírica de ver cidades completamente paralizadas, e coas súas rúas tomadas por unha maré de milleiros de traballadoras e traballadores, a maioría secundando a convocatoria … Seguir lendo Dignidade e alento mobilizador.

29 de setembro, Folga Xeral.

Un síntoma de que a Folga Xeral convocada para o vindeiro 29 de setembro vai ser con toda probabilidade un éxito, é a énfase coa que as clases dominantes a través dos medios de comunicación (dos que son donos) están a bater contra dela. Certo é que as intervencións públicas, e sobre todo as televisivas, dos principais cabezas do sindicalismo pactista de ámbito estatal mesmo parecen alentar a desmobilización coas súas tímidas e inconcretas argumentacións.

Nunca antes houbo tanto despregue demoscópico nin de opinadores profesionais (que se comportan ás máis das veces como mercenarios do pensamento único), para proxectar a idea de que a folga será un fracaso, de que ninguén parará e este mércores será un día de absoluta normalidade laboral. Obsérvese que non se cuestionan xa as razóns -obxectivamente indiscutíbeis- que fundamentan unha folga xa non necesaria, senón mesmamente imprescindíbel. Agora a consigna é desmobilizar por contaxio, instalando a idea de que non haberá folga procurando que quen pretenda secundala finalmente desista.

Seguir lendo “29 de setembro, Folga Xeral.”

O éxito da Folga Xeral.

Malia a aparente apatía social que proxectan os media estou certo de que a folga xeral do vindeiro 29 de setembro será un éxito, e Galiza parará máis unha vez para plantar cara ás políticas antisociais que proveñen desde Madrid –desta volta da man do PSOE.

Sobran as razóns para secundar esta folga, que ten como cometido principal frear o maior ataque contra dos dereitos da clase traballadora dos últimos decenios (despedimento case gratuíto, maior precariedade, máis ETTs…).

Seguir lendo “O éxito da Folga Xeral.”

Parar o País para frear un goberno.

Estamos ás portas dunha Folga Xeral, que aínda que serodia e pouco alentada por parte do sindicalismo pactista de ámbito estatal, é unha data importante.

A folga do vindeiro 29 de setembro é unha oportunidade excepcional para expresar con contundencia a masiva oposición ás medidas antisociais, propias do neoliberalismo, que o Goberno español do PSOE aplicará coa súa nova contrarreforma laboral, como con acerto a denominou Guillerme Vázquez, portavoz nacional do BNG. Unha oportunidade importante, que non podemos nin debemos desaproveitar as clases traballadoras galegas. As e os asalariados, as e os autónomos e mesmo a pequena empresa, debemos parar Galiza o próximo día 29 para enviar unha mensaxe inequívoca que free as pretensións -convertidas en decreto- de abaratar o despedimento até o converter en case gratuíto, de privatizar as políticas de colocación de emprego para lucrar unhas ETTs que a reforma engorda, de incrementar a temporalidade e precariedade dos contratos, de dinamitar a negociación colectiva coa que as e os traballadores defendemos os nosos dereitos ou de facer das baixas médicas motivo de despedimento obxectivo.

Seguir lendo “Parar o País para frear un goberno.”

Discurso de clase.

O cuestionamento da existencia dunha sociedade de clases, tal e como a caracterizara Karl Marx, nos segmentos máis moderados do progresismo non é un feito novidoso. Ao contrario, foi un dos trazos máis significativos do covarde repregamento ideolóxico de boa parte da esquerda mundial, acelerado tras o derrubamento intencionado da URSS.

Eis o fundamento para a paradoxal autosituación de familias asalariadas no espellismo dunha virtual clase media. Por baixo dese limiar irreal ficarían só os completamente desposuídos, os que non teñen garantidas as condicións mínimas para a súa propia supervivencia. Isto é, os pobres de pedir.

Seguir lendo “Discurso de clase.”

Hai alternativa!

Cando ficamos ás portas dos 250.000 desempregados/as reais, e cando se están a facer máis visíbeis os graves efectos e consecuencias que a vixente crise sistémica do capitalismo está a ter contra das clases populares, o social-liberalismo representado polo PSOE volve teimar en formulacións moi próximas á doutrina neoliberal que provocou a crise. A proposta de reforma laboral do goberno central, é unha demostración tanxíbel e obxectivábel do aliñamento do PSOE cos intereses da grande patronal.

Seguir lendo “Hai alternativa!”