O avanzo do 29M

O éxito da folga xeral do pasado 29 de marzo é indiscutíbel. O paro laboral e produtivo rexistrado durante a xornada na meirande parte dos sectores -e nomeadamente no ámbito industrial- foi masivo, como masivas foron as mobilizacións convocadas polo sindicalismo nacionalista e de clase.

Máis de 200.000 traballadoras e traballadores manifestáronse ese día coa CIG. Este dato encerra unha especial relevancia, non só por demostrar a capacidade mobilizadora do movemento nacionalista galego, senón sobre todo polo valor cualitativo. Mentres UGT e CCOO convocaron a folga xeral co obxectivo de sentar a negociar ao goberno Rajoy, a CIG fíxoo para esixir a retirada completa da última contrarreforma laboral. Esa diferenza e o nulo compromiso das centrais españolas por manter a loita no tempo, motivaron que o sindicalismo nacionalista convocase mobilizacións propias. Foi, máis unha vez, o entreguismo sindical de CCOO e UGT o que impediu a unidade de acción, non ningún afán isolacionista da CIG como inxustamente acusaron os media.

Seguir lendo “O avanzo do 29M”

A crise, o sistema, a soberanía. Si existen alternativas!

A CIG, coa colaboración da Fundación Moncho Reboiras, ven de presentar un video-documental no que repasa o actual proceso de reorganización do capitalismo, baixo a coartada da “crise” económica. Aborda tamén  as nefastas consecuencias que está a ter para a clase traballadora en todo o mundo e as alternativas posíbeis, que pasan por un modelo … Seguir lendo A crise, o sistema, a soberanía. Si existen alternativas!

En marcha cara unha nova Folga Xeral.

Onte culminou en Compostela a Marcha Galega polo Emprego promovida pola CIG, coa chegada á capital de Galiza das camiñadas de paradas e parados provintes de diversos puntos do país.

Foi unha acción reivindicativa de marcada significación, pois era expresión da indignación organizada. Porque a indignación sen que esta se traduza nunha actuación articulada, e polo tanto necesariamente organizada, corre o risco de se converter nun lamento gratuíto, nun disparo ao ar, en mera expresión de cabreo.

Seguir lendo “En marcha cara unha nova Folga Xeral.”

Tres vídeos para entender a contrareforma da negociación colectiva.

Asemblea Nacional de Delegadas/os da CIG sobre a reforma Valoración de Antolín Alcántara………..Silvia Bermúdez na #AcampadaVigo Ligazóns de interese: A reforma da negociación colectiva é un “ataque durísimo” a unha ferramenta fundamental dos traballadores. Avaliación da CIG sobre a reforma da negociación colectiva Delegados/as da CIG percorren as rúas de Compostela para amosar a súa … Seguir lendo Tres vídeos para entender a contrareforma da negociación colectiva.

O nacionalismo en defensa de Galiza.

Neste momento da historia volve agromar con nitidez o duplo espolio que padece a maioría social do noso país.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/df8t5Y4ktNo" width="520" height="320" wmode="transparent" /]

Galiza está a atravesar unha situación de emerxencia. Resultado das políticas do PSOE en Madrid e do Partido Popular na Xunta, o noso país está a padecer taxas de desemprego record, con milleiros de familias galegas sen ningunha fonte regular de ingresos, así como unha merma da produtividade.

Mais tamén ficamos nunha conxuntura na que está en risco o exiguo autogoberno que posúe a nosa nación, como demostra a decisión do goberno Zapatero de privatizar a caixa de aforros galega para llela entregar ao grande capital financeiro foráneo. Seguir lendo “O nacionalismo en defensa de Galiza.”

Folga esperanzadora.

Hai esperanza porque existe unha alternativa. Unha alternativa que ten a esquerda nacionalista galega como referente.

Malia a oposición do goberno central, do PSOE e do PP e doutras forzas de signo conservador, da patronal empresarial, dos grandes medios de comunicación ao servizo do capital, e do sindicalismo entreguista de ámbito estatal, a primeira convocatoria de Folga Xeral en solitario da CIG resultou nun incontestábel éxito.

Porén, este éxito hai que medilo dentro do seu propio contexto. Non sendo agardábel un masivo paro laboral, o certo é que o pasado 27 de xaneiro importantes sectores produtivos e significadas áreas do país pararon. Semella que o 27-X, a CIG acadou unha maior porcentaxe de paro durante a xornada de folga do que lle sería atribuíbel en función da súa representatividade sindical (arredor do 30% das/os representantes sindicais). Seguir lendo “Folga esperanzadora.”

Vídeo-entrevista a Suso Seixo trala Folga Xeral do 27-X.

O Secretario Xeral da CIG analiza o acordo de reforma das pensións, a folga xeral e as mobilizacións, e adianta os retos de futuro da central sindical nacionalista e de clase após o éxito desta convocatoria. [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/MF6XlC46VKk” width=”520″ height=”320″ wmode=”transparent” /] Seguir lendo Vídeo-entrevista a Suso Seixo trala Folga Xeral do 27-X.

27-X: mobilización, loita, dignidade.

A folga convocada en solitario polo sindicalismo nacionalista e de clase contra o “pensionazo” do PSOE verificouse como un éxito total, cun paro laboral moi relevante e importantes mobilizacións. Vídeo resumo da espectacular manifestación de Vigo [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/Rn0pVTp5KHY” width=”520″ height=”320″ wmode=”transparent” /] Declaracións do Portavoz Nacional do BNG, Guillerme Vázquez [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/QN5ZU5SdiRg” width=”520″ height=”320″ wmode=”transparent” … Seguir lendo 27-X: mobilización, loita, dignidade.

27-X, unha Folga Xeral imprescindíbel.

Porque a pregunta que debemos facernos non é outra que: imos permitirllo?

Polo seu calado a nova contrareforma das pensións, que procura a maior precarización do sistema público de pensións en beneficio da banca privada, é motivo bastante para soster a convocatoria dunha folga xeral. Máxime tendo en conta que as pensións públicas son un alicerce fulcral do noso sistema de protección público, do denominado Estado do Benestar, onte ameazado polo neoliberalismo e hoxe atacado baixo a escusa da crise provocada por este.

Porén, é obvio que esta nova Folga Xeral convocada en Galiza pola CIG en solitario -CCOO e UGT proseguen no vieiro do pactismo entreguista-, non fica isolada, nin pretende dar resposta unicamente á pretensión do PSOE de empobrecer as pensións. O 27-X é un paso máis, imprescindíbel, na resposta social contra de políticas claramente regresivas, que tivo o seu punto de inicio xa non na exitosa folga do pasado 29 de setembro senón mesmamente nas mobilizacións sociais que enxergaron a finais de 2008 e tamén na importante conflitividade laboral que está a caracterizar estes últimos anos (lembremos o conflito do metal na provincia de Pontevedra). Seguir lendo “27-X, unha Folga Xeral imprescindíbel.”