Aquí estamos, de novo

Hai un ano e medio o blogue abandonaba a confortábel casa materna de Blogaliza. A bitácora deslocábase a un novo aloxamento, que daquela parecía ofrecer mellor funcionalidade e prestacións para a poder ensanchar (ese era o plan, afortunadamente frustrado —aquí explico porqué–). Porén, os espazos publicitarios, que eu non xestionaba, ameazaban con engulir o blogue. O … Seguir lendo Aquí estamos, de novo

Contradiscurso Ano VIII

Onte este blogue fixo sete anos do seu lanzamento. Case seis leva instalado nesta agarimosa hospedería que chamamos Blogaliza, e da que xente como Pedro Silva son xenerosas/os responsábeis. Se a bitácora non se emancipou a un aloxamento de seu foi por mor da resistencia a perder a confortábel calor da principal casa común do blogomillo galego, inda que si conta con dominio propio (www.contradiscurso.net).

Con esta son xa 557 as entradas publicadas desde o 27 de febreiro de 2005, entre as que se recolle a práctica totalidade dos artigos e columnas da miña autoría publicados desde 2003 até hoxe -agás algúns dos primeiros-, que superan os 250 textos.

Seguir lendo “Contradiscurso Ano VIII”

Hai alguén aí?

Xa pasaron 50 entradas neste blogue dende o último comentario rexistrado, que a todo isto fixera o bo de Iago, aló polo 15 de decembro do pasado ano. Case 2 meses sen que ningún de vós, decidise comentar nada, criticar, parabenizar ou mesmo insultar. Son dos que cando collo ritmo ao falar non paro, pero … Seguir lendo Hai alguén aí?

E xa van 200

A entrada anterior foi a número 200 do blogue. Pasaron apenas 4 meses dende que CONTRADISCURSO chegou aos cen primeiros post, o que da boa conta do aumento sostido no número de entradas, e da periodicidade na actualización. A media de actualizacións foi de 13 entradas mensuais ao longo do 2008, fronte as escasas 1’41 … Seguir lendo E xa van 200

Prometo actualizar

Estes 8 días de silencio 2.0, teñen sido de moita intensidade. Ese silencio está xustificado polo maremagnum que vivín esta semana e que me deixou sen apenas tempo para asomarme por aquí. Cousas que pasan. Pero prometo actualizar o blogue en canto teña un respiro. Hai moitas cousas que se me están a quedar no … Seguir lendo Prometo actualizar