A empadroarse no blogomillo!

Perdoade a bricandeira do título. A cousa é que o traballo de cartografiarmos o blogomillo avanza inexorábel, co pulo do compromiso de xente como Pedro Silva, Amador Loureiro ou Jon Amil.  E algunhas máis, claro. Os principais avanzos poden verse xa no inoreader creado por Pedro, aquí.

Seguir lendo “A empadroarse no blogomillo!”

Primeiro mapa da nova cartografía do blogomillo

Hai un par de semanas fixen un improvisado chamado a cartografíar o blogomillo para o revitalizar, axudando a nos (re)encontrar as diferentes eiras que compoñemos o seu territorio. Manolo Bragado acolleu con agarimo esa proposta, non só asumíndoa senón ofrecéndose xenerosamente a axudar a facela realidade. Foron moitas as que o secundaron, partillando o apuntamento no que a formulei. Moitas cadramos na necesidade da tarefa de indexarmos de novo o blogomillo, pero sen sabermos exactamente de que maneira, nin tampouco quen podería facelo.

Seguir lendo “Primeiro mapa da nova cartografía do blogomillo”

Notas da viaxe a Bruxelas.

DSCF1753

Xa de volta na Galiza, e despois de tomarme algún tempo para valorar en maior profundidade a viaxe, e de paso sacudirme o estado de confusión e mareo que sempre me producen as viaxes ao estranxeiro, quero compartir con vós, tal e como prometera, unhas poucas notas a respecto da miña participación no Seminario “Activismo político na web: como xerar discusión política en internet?” que tivo lugar o pasado mércores 11 no Parlamento Europeo.

Antes de nada, permitídeme que reitere tamén dende aquí o meu completo agradecemento a Ana Miranda por ter pensado en min e incluírme na delegación galega que participou no evento organizado, a iniciativa de ERC, por ALE/Os Verdes. Alén do convite en si, todas e todos os que compuxemos a delegación concordamos en que resulta impagábel a atención, amabilidade e mesmo cariño co que nos acolleu a nosa incombustíbel Eurodeputada de facto.

Seguir lendo “Notas da viaxe a Bruxelas.”

Paco 2.0

Un dos máis destacados dirixentes do nacionalismo galego, quen foi a voz activa e insubmisa do noso país nas Cortes españolas durante 12 anos, e actualmente Secretario de Acción Institucional na Executiva Nacional do BNG, ademáis de Secretario Xeral da UPG, Francisco Rodríguez Sánchez, deu o salto ao blogomillo, abrindo o seu propio blogue, que … Seguir lendo Paco 2.0