Dez mil millóns

Bankia, a macroentidade resultante da fusión, e bancarización, de Caja Madrid e outras seis caixas de aforros vai ser rescatada. O FROB podería destinar até 10 mil millóns de euros, de diñeiro público, para apuntalar unha entidade privada que obtivo 309 millóns de euros de beneficios o pasado ano. Si, 10 mil millóns. A mesma cantidade na que o goberno Rajoy cifrou os bestiais recortes que está a piques de perpetrar contra a sanidade e o ensino públicos, no maior ataque da nosa historia contra o Estado do benestar. ‘Non hai cartos’ xustificaba hai unhas semanas o Presidente español. Habería que precisar; non hai cartos para os servizos públicos pero si para a banca privada. Non os hai para atender as necesidades da maioría, mais hainos a esgalla para apuntalar os gaños dos máis ricos.

Rodrigo Rato dimitiu como conselleiro delegado de Bankia. Mais a súa saída reportaralle unha zumenta indemnización de 1,2 millóns de euros. Será previsibelmente relevado por Jose Ignacio Goirigolzarri, ex-conselleiro delegado do BBVA. Este nomeamento podería ser unha pista importante de que o rescate do FROB é tan só un paso previo para unha maior concentración bancaria no Estado, a través dunha fusión ou absorción cun dos grandes xigantes financeiros.

Seguir lendo “Dez mil millóns”

NovoBancoGalego, antes NCG.

O Presidente de ONO, Jose María Castellano, quen fora home forte do emporio empresarial Inditex, será quen dirixa os designios de Novacaixagalicia, iso si, mutada a banco e prescindindo, xa que logo, do seu carácter semipúblico.

Iníciase así, con esta lamentábel decisión do Consello de Administración, o que está chamado a ser o derradeiro capítulo da historia da liquidación das caixas de aforro galegas. Tal e como se advertira, toda a operación iniciada ao abeiro do FROB e posteriormente debuxada pola Lorca, só tiña por obxecto entregar o aforro das e dos galegos ao capital privado foráneo. Nada ten a ver a solvencia, nin o core capital. É só unha xogada no marco dunha crecente recentralización política e económica do Estado, máis unha vez, ao servizo dos intereses da oligarquía financeira.

Seguir lendo “NovoBancoGalego, antes NCG.”

A entrega da caixa galega.

Trátase dunha estratexia deliberada para entregar os aforros das familias traballadoras galegas ao servizo da especulación financeira.

Díxose desde o principio. A fusión das caixas galegas era só a primeira parte dun combate que iría máis aló, ao tempo que se denunciaba que a pretensión final era poñer as caixas en xaque para entregarllas ao gran capital financeiro para maior gloria da súa cobiza especulativa.

Co nacemento de NovaCaixaGalicia, resultante da fusión galega, Galiza gañaba ese primeiro round evitando que o aforro galego acabase sendo dirixido por entidades foráneas, con centros de decisión afastados da realidade e necesidades do noso país. Mais aquelas previsións veñen de cumprirse co anuncio do goberno central de someter a un proceso de bancarización forzosa as caixas de aforro. Non é algo casual, tendo en conta que as caixas son o único instrumento de carácter semipúblico que opera no sector bancario. Diciamos onte, e estase a verificar, que estamos perante un proceso encamiñado á centralización e a concentración do poder económico, dunha banda desprazándoo cara a Madrid como gran centro de decisión e por outra engordando inda máis a gran banca privada, parasitaria das axudas mil millonarias expedidas polo PSOE con cartos públicos. Seguir lendo “A entrega da caixa galega.”

Nacionalización da banca.

Se non fose porque no berce do capitalismo mundial, isto é nos EUA, a súa administración en tempos inda do republicano George W. Bush non tivo inconveniente en intervir directamente nos bancos con risco de creba, non só mediante capitalización con cargo a fondos públicos senón facendo que o estado estivese presente nos consellos de … Seguir lendo Nacionalización da banca.

Cartos para auxiliar aos banqueiros, pero non para erradicar a pobreza.

O Presidente da República Bolivariana de Venezuela, Hugo Chávez, deixou claro que o seu governo non vai secundar as accións de salvamento aos bancos, perante a crise económica mundial. Chávez foi taxante e afirmou que non vai dar un centavo para protexer á banca, e se hai algunha entidade con dificultadas será o Estado quen … Seguir lendo Cartos para auxiliar aos banqueiros, pero non para erradicar a pobreza.