3 documentais, 6 libros e máis de 400 artigos no 86 aniversario de Fidel

Fidel Castro é unha das personalidades máis senlleiras do século XX e continúa a ser unha figura chave neste primeiro treito do novo milenio. Fidel é sinónimo de entrega, de compromiso, de aguda intelixencia, de argumentación e conversa, de honestidade, de pedagoxía, de firmeza nas ideas, de coherencia intachábel, de valentía e coraxe, de sacrificio, … Seguir lendo 3 documentais, 6 libros e máis de 400 artigos no 86 aniversario de Fidel

Contradiscurso Ano VIII

Onte este blogue fixo sete anos do seu lanzamento. Case seis leva instalado nesta agarimosa hospedería que chamamos Blogaliza, e da que xente como Pedro Silva son xenerosas/os responsábeis. Se a bitácora non se emancipou a un aloxamento de seu foi por mor da resistencia a perder a confortábel calor da principal casa común do blogomillo galego, inda que si conta con dominio propio (www.contradiscurso.net).

Con esta son xa 557 as entradas publicadas desde o 27 de febreiro de 2005, entre as que se recolle a práctica totalidade dos artigos e columnas da miña autoría publicados desde 2003 até hoxe -agás algúns dos primeiros-, que superan os 250 textos.

Seguir lendo “Contradiscurso Ano VIII”