Podes axudar a que o mar volva ser azúl e a terra inda máis verde.
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/7D9xM7NK-zk" width="520" height="320" wmode="transparent" /]
No albor do ano novo, cando agroman en fervenza variados propósitos e intencións cos que encarar a nova xeira que con el se abre, coido moi oportuno facervos chegar esta misiva que a organización ecoloxista ADEGA -da que son parte- dirixe a quen teña a ben lela e na que convida a implicarse na transformación da realidade na defensa dunha nova concepción ambiental sobre a que ha de asentar esa nova orde económica e social, máis xusta e igualitaria, que arelamos. Eu coma elas/es anímovos a dar un paso en defensa do noso medio, pasando a acción.
Ola. Feliz 2011.
Comezamos este ano poñendo en marcha unha campaña na que queremos multiplicar por catro o número de socios de ADEGA e ti es un dos que nos pode axudar a conseguilo. Seguir lendo “Suxerencia de propósito para este ano novo.”