Apuntamentos sobre Alemaña e Portugal.

dsc_2025

O domingo celebráronse simultaneamente eleccións lexislativas nas repúblicas do Portugal e da Alemaña.

De entrada os gobernantes Sócrates e Merkel, previsibelmente, continuarán catro anos máis na presidencia do executivo. Ambos precisarán alianzas parlamentarias, non só para a súa investidura senón mesmo para garantir a execución do seu programa de goberno. Tanto no Portugal como na Alemaña o escrutinio describe un claro xiro ideolóxico, inda que de senso contrario. Así as e os portugueses retiráronlle a folgada maioría absoluta do socialista Sócrates, premendo por un xiro á esquerda que se facía imprescindíbel. Alemaña, porén, optou por satisfacer os desexos da actual chanceler desbancando da gran coalición gobernante ao socialdemócrata SPD para substituílo polos liberais da FDP.

Seguir lendo “Apuntamentos sobre Alemaña e Portugal.”

A esquerda avanza na Alemaña.

A conservadora CDU de Angela Merkel perdeu a maioría absoluta en dous dos tres estados onde o domingo pasado se celebraron eleccións rexionais e municipais, cun retroceso de máis de dez puntos nos länder de Sarre e Turingia. Pese a este serio revés, o partido da actual chanceler continúa sendo a primeira forza política na meirande parte dos estados que compoñen a federación alemá.

Porén, a gran sorpresa foi o excepcional resultado obtido por Die Linke, A Esquerda, que liderada por Oskar Lafontaine e Gregor Gysi, se confirma como a segunda forza política no leste alemán, a moita distancia do SPD. O mellor resultado produciuse no Sarre, onde a candidatura do Die Linke acadou o 21% dos votos, cun incremento de 18 puntos. O socialdemócrata SPD, actualmente coligado a escala federal coa CDU de Merkel, continúa pola súa banda o seu retroceso iniciado coa derrota de Gerhard Schroeder, aínda que nestes comicios deu síntomas de comezar a desaceleralo lixeiramente.

Seguir lendo “A esquerda avanza na Alemaña.”