Folga esperanzadora.

Hai esperanza porque existe unha alternativa. Unha alternativa que ten a esquerda nacionalista galega como referente.

Malia a oposición do goberno central, do PSOE e do PP e doutras forzas de signo conservador, da patronal empresarial, dos grandes medios de comunicación ao servizo do capital, e do sindicalismo entreguista de ámbito estatal, a primeira convocatoria de Folga Xeral en solitario da CIG resultou nun incontestábel éxito.

Porén, este éxito hai que medilo dentro do seu propio contexto. Non sendo agardábel un masivo paro laboral, o certo é que o pasado 27 de xaneiro importantes sectores produtivos e significadas áreas do país pararon. Semella que o 27-X, a CIG acadou unha maior porcentaxe de paro durante a xornada de folga do que lle sería atribuíbel en función da súa representatividade sindical (arredor do 30% das/os representantes sindicais). Seguir lendo “Folga esperanzadora.”

Vídeo-entrevista a Suso Seixo trala Folga Xeral do 27-X.

O Secretario Xeral da CIG analiza o acordo de reforma das pensións, a folga xeral e as mobilizacións, e adianta os retos de futuro da central sindical nacionalista e de clase após o éxito desta convocatoria. [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/MF6XlC46VKk” width=”520″ height=”320″ wmode=”transparent” /] Seguir lendo Vídeo-entrevista a Suso Seixo trala Folga Xeral do 27-X.

27-X: mobilización, loita, dignidade.

A folga convocada en solitario polo sindicalismo nacionalista e de clase contra o “pensionazo” do PSOE verificouse como un éxito total, cun paro laboral moi relevante e importantes mobilizacións. Vídeo resumo da espectacular manifestación de Vigo [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/Rn0pVTp5KHY” width=”520″ height=”320″ wmode=”transparent” /] Declaracións do Portavoz Nacional do BNG, Guillerme Vázquez [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/QN5ZU5SdiRg” width=”520″ height=”320″ wmode=”transparent” … Seguir lendo 27-X: mobilización, loita, dignidade.

Cuestións ao fío do 27-X.

Asinarán CCOO e UXT un acordo in extremis co goberno posibilitado por unha lixeira matización da reforma?

O feito de que a CIG dese un importante paso á fronte, apostando por convocar unha nova xornada de folga xeral, desta volta contra da pretendida reforma das pensións, alén de ser unha decisión oportuna e valente, que volve evidenciar a firmeza combativa do seu modelo sindical ben afastado das coordenadas pactistas doutros, coloca algunhas cuestións importantes.

Unha delas trata sobre que farán finalmente as centrais sindicais estatais, CCOO e máis a UXT, unha vez o sindicalismo nacionalista en Euskadi-Nafarroa e máis en Galiza tomou a iniciativa colocando unha data concreta, a do 27 de xaneiro. Semella que o sindicalismo español é refén das súas propias contradicións e a súa práctica entreguista dos últimos anos a través do denominado Pacto Social. Ficarán á marxe desbotando a folga? Convocarán un paro parcial? Asinarán un acordo in extremis co goberno posibilitado por unha lixeira matización da reforma? Nesta altura non se pode desbotar ningunha das opcións enunciadas. Seguir lendo “Cuestións ao fío do 27-X.”