(Só) en Bloque podemos

Unha semana despois das masivas mobilizacións sindicais contra o recortazo de Rajoy, o clamor social volveu a expresarse nas rúas, ateigando Compostela co gallo da celebración, unha vez máis exitosa, do Día da Patria.

A celebración deste 25 de xullo foi unha constatación da ligazón intrínseca que noso país existe entre a cuestión social, de clase, e a nacional. Nas consignas e nos ánimos dos milleiros de persoas que secundaron a convocatoria do BNG, agromaba a consciencia de que a liberación social e a nacional son un proceso indisoluble e indivisible.

Seguir lendo “(Só) en Bloque podemos”

Advertisements

Soberanía, democracia e traballo.

Vista da ateigada Praza da Quintana este 25X (máis imaxes aquí e aquí)

Así reza o lema co que o Bloque Nacionalista Galego convoca a manifestación nacional do Día da Patria Galega deste ano. De seguro que seremos milleiros de compatriotas comprometidas/os con este pobo e con esta terra as e os que ateigaremos as rúas de Compostela nun exercicio de dignidade nacional que nada ten de ritual, e si moito de significado.

Porque se algo amosou, con meridiana claridade, este primeiro treito da crise sistémica do capitalismo neoliberal é que é o movemento nacionalista galego, co seu efectivo carácter popular e a súa natureza emancipadora, a única alternativa, o único proxecto político, que actúa de xeito decidido en defensa dos intereses das clases populares do noso país. Todos os ataques antisociais perpetrados polo PPSOE, chámense reforma laboral ou das pensións, chámense precarización dos servizos públicos ou contrareforma da negociación colectivos, todos, toparon coa oposición frontal do nacionalismo galego.

Seguir lendo “Soberanía, democracia e traballo.”

A nosa bandeira.

Toda colectividade humana precisa, e posúe, simboloxía de seu que a represente, que a aglutine en torno a unha identidade común. Non é un asunto menor, nin intranscendente. Foi unha bandeira, a de Nunca Máis, a que serviu de soporte para o máis importante exercicio de dignidade colectiva do noso pobo dos últimos decenios.

Polo tanto, por ser un elemento simbólico, o debate sobre as bandeiras non é sobre elas senón sobre o que representan, sobre o que significan. Eis o forzado debate respecto de sobre que bandeira ha de representar o nacionalismo galego politicamente organizado no seo do BNG.

Seguir lendo “A nosa bandeira.”

25 de xullo, máis unha vez.

O Día da Patria non é unha data ritual, nin un acto de liturxia electoral. Cada 25 de xullo, milleiros de galegas e galegos percorremos as rúas de Compostela para expresar con rotundidade que somos nación, e reclamar como tal os nosos dereitos, principiando polo de decidir por nós mesmas e mesmos o noso futuro.

Este 25 de xullo ten unha significación especial, fundamentalmente por dúas razóns. En primeiro lugar, a sentenza do Tribunal Constitucional, en clara connivencia coa estratexia recentralizadora compartida por PP e PSOE, vén de evidenciar que a conquista dun maior autogoberno non virá pola vía da concesión graciosa do Estado, inmerso nun novo proceso de concentración dos espazos de decisión política e tamén económica -a reforma da Lorca coa bancarización das caixas é un claro exemplo-. Non haberá recoñecemento do carácter plurinacional, pluricultural e plurilingüe do Estado, se non é a través do exercicio de presión que podemos exercer desde Galiza, Euskal Herria e mais os Països Catalàs. Os límites do vixente marco constitucional e estatutario fican claros, haberá pois que forzalos co obxecto de permitir a libre decisión dos pobos a través do exercicio do lexítimo dereito de autodeterminación.

Seguir lendo “25 de xullo, máis unha vez.”

O BNG reaxe.

20.000 persoas ateigaron as rúas de Compostela para celebrar o Día da Patria Galega, participando da manifestación convocada polo BNG. A mobilización resultou nunha inxente demostración de enerxía e forza, para facer fronte ás políticas reaccionarias do PP, deixando patente que pese aos recentes retrocesos electorais o nacionalismo galego non está, nin moito menos, derrotado. … Seguir lendo O BNG reaxe.