22-M: factores, causas e conclusións para o nacionalismo galego

Compre rachar definitivamente coas inercias que supeditan a organización á representación institucional

Se ben os resultados obtidos polo nacionalismo galego nos comicios municipais do 22 de maio non foron positivos, tampouco representan a debacle que interesadamente denuncian precisamente os inimigos da causa nacionalista. Pola súa natureza, tratándose dunhas eleccións locais é moi complexo tirar conclusións de carácter xeral ou que afecten a espazos supramunicipais.

En todo caso cabe apuntar algunhas cuestións.  En primeiro lugar o Partido Popular tivo en Galiza un polo de especial resistencia contra da súa ‘maré azul’ coa que varreu a nivel estatal ao social-liberalismo (PSOE); neste feito, dado o acentuado descenso do PSdG, xogou un papel relevante a fortaleza social do nacionalismo.

Seguir lendo “22-M: factores, causas e conclusións para o nacionalismo galego”

Máis perfil propio do Bloque.

En todo caso, os resultados verifican a necesidade de consolidar e profundizar no perfil político do BNG como alternativa transformadora e emancipadora

Ao fío dos resultados electorais do pasado 22 de maio, hai quen semella querer dar marcha atrás no axeitado proceso de cambios iniciado trala Asemblea Nacional Extraordinaria do BNG que escolleu a Guillerme Vázquez como portavoz nacional, e que resituou o Bloque no seu propio espazo ideolóxico.

Nese senso, cabe desexar que trala pomposa, mais baleira, proposta de refundación non se agoche a vella pretensión de rebaixar o perfil ideolóxico da fronte nacionalista para reincidir no posibilismo electoralista que provocou unha forte desafección na base social do Bloque.

Seguir lendo “Máis perfil propio do Bloque.”

22-M, a vitoria do desencanto.

Alí onde o BNG lidera o goberno foi onde se obtiveron mellores resultados

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/cKvF0dILn28" width="645" height="300" wmode="transparent" /]

Os resultados dos comicios municipais desta fin de semana pasada non foron nin os esperados nin os desexados por moitas e moitos de nós. Con todo, tampouco son os agardados e arelados por Feijóo que nunha das súas frecuentes fantasías totalizantes, ambicionaba unha Galiza baixo o control absoluto da rancia dereita españolista que representa o Partido Popular.

Estas eleccións eran un plebiscito. Unha caste de referendo fronte ás políticas de dereitas que PSOE e PP levaban practicando nos últimos anos desde Madrid e a Xunta en resposta á crise sistémica. O certo é que o vencedor deste plebiscito foi o desencanto e a errada percepción social de que non existe alternativa. Só así se pode entender que as políticas de dereitas do PSOE sexan castigadas votando inda máis dereita.

Seguir lendo “22-M, a vitoria do desencanto.”

A oportunidade do 22 de maio.

Nestas eleccións municipais o pobo traballador galego temos a oportunidade de trasladar ás urnas de votación a firme oposición ás políticas antisociais do PP e do PSOE

Inmersos xa en plena campaña electoral podemos concluír xa que os comicios municipais do vindeiro 22 de maio encerran unha significación de especial importancia. A súa trascendencia está fundamentalmente ligada a aspectos relativos á crise sistémica que atravesa o capitalismo neoliberal, ás súas consecuencias e impacto sobre as clases populares e, sobre todo, á resposta política que se lle está a dar desde os seus albores por parte de PSOE e PP.

As do 22 de maio serán unas eleccións-plebiscito, xa que por unha banda serán as primeiras eleccións ás que se enfronte o PSOE desde as xerais do 2008, intre no que os efectos da crise inda eran sutís, e por outra porque será tamén a primeira convocatoria electoral á que se enfronte o PP en Galiza tras o seu regreso á Xunta aquel fatídico 1 de marzo de 2009.

Seguir lendo “A oportunidade do 22 de maio.”

Futuro para os concellos.

A ningún traballador, a ningunha traballadora, lle pode dar igual que gobernen uns ou outros

Arrancou a campaña electoral. Restan xa apenas dúas semanas para unas eleccións municipais de enorme significación. Seguirán algúns a teimar na falsidade de que todas as opcións son iguais.

Pero como van ser iguais aquelas forzas políticas que promoven ou aproban medidas antisociais como a reforma laboral ou a das pensións, e aquelas que ademais de rexeitar esas medidas as combateron ao carón da clase traballadora, mobilizándose xunto ela, como fixo o BNG nas folgas xerais do 29-S e do 27-X? A ningún traballador, a ningunha traballadora, lle pode dar igual que gobernen uns ou outros, tampouco nos concellos O próximo 22-M temos a oportunidade de facer presente o noso rexeitamento contra as políticas antisociais que vimos combatendo a través da mobilización.

Seguir lendo “Futuro para os concellos.”

En Bloque rumbo ao 22-M.

A nivel discursivo volvemos escoitar o mellor BNG de sempre, sen imposturas, sen grandilocuencias, sen xestos baleiros.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/jtP92RqOzM0" width="520" height="320" wmode="transparent" /]

O BNG acaba de saír da Convención Nacional Electoral, que realizou a fin de semana pasada en Compostela baixo o lema Coa túa forza hai futuro, amosando músculo. A fronte patriótica despexou, nun ateigado e vibrante auditorio do Pazo de Congresos, calquera dúbida a respecto da súa fortaleza.

Baixo unha escenificación austera, máis inzada de logotipos do BNG e de bandeiras da patria, o Bloque deixou patente que a diferenza doutras opcións vaise presentar aos vindeiros comicios municipais sen subterfuxios, sen agochar os seus sinais de identidade, sen disimular o que o define como un proxecto político nacionalista e netamente de esquerdas. Seguir lendo “En Bloque rumbo ao 22-M.”

BNG vs. 'PPSOE'.

O nacionalismo galego é a única alternativa para superar a situación de emerxencia nacional.

Baixo o lema “Coa túa forza hai futuro!” o Bloque Nacionalista Galego desenvolverá ao longo do día de hoxe a súa Convención Nacional Electoral en Compostela. A fronte patriótica arranca así a última fase da carreira electoral de cara aos comicios municipais do vindeiro 22-M. Faino despois de ter demostrado en reiteradas ocasións un discurso resituado nos seus principios ideolóxicos, que o configura como unha opción nacionalista mais tamén netamente de esquerda.

Seguir lendo “BNG vs. 'PPSOE'.”

BNG vs. ‘PPSOE’.

O nacionalismo galego é a única alternativa para superar a situación de emerxencia nacional.

Baixo o lema “Coa túa forza hai futuro!” o Bloque Nacionalista Galego desenvolverá ao longo do día de hoxe a súa Convención Nacional Electoral en Compostela. A fronte patriótica arranca así a última fase da carreira electoral de cara aos comicios municipais do vindeiro 22-M. Faino despois de ter demostrado en reiteradas ocasións un discurso resituado nos seus principios ideolóxicos, que o configura como unha opción nacionalista mais tamén netamente de esquerda.

Seguir lendo “BNG vs. ‘PPSOE’.”

Convención Nacional Electoral #BNG2011

Mañá terá lugar a Convención Nacional Electoral do Bloque Nacionalista Galego de cara as eleccións municipais do 22 de maio. Ademais de participar na mesma, exercerei de CiberBloqueiro retransmitindo fundamentalmente a través do meu Twitter (@contradiscurso) o que nela aconteza. Así mesmo poderedes seguir a outras/os ciberbloqueiras/os no twitter a través do hashtag #BNG2011. Seguir lendo Convención Nacional Electoral #BNG2011