Galiza paga o pato, de novo.

Mil catro centos cinco traballadoras e traballadores de Ferrolterra quedaronse nesta quincena final do mes de febreiro sen o seu posto de traballo. Na práctica esa cifra ten unha dupla dimensión; dunha banda haberá mil catrocentas cinco persoas máis en Galiza privadas ao seu direito a traballar e que aceptarán unha saída forzosa que a … Seguir lendo Galiza paga o pato, de novo.

Vinte minutos por Europa

O vindeiro 20 de febreiro a cidadanía galega, xunto coa do conxunto do Estado Español, estamos convocadas e convocados para opinar arredor do Tratado Constitucional Europeo, nun referéndum , que de entrada poderíamos calificar de propagandístico, e por precipitado tamén de antidemocrático.Democracia é participación, é uso da cota de soberanía popular que a cada cidadá, … Seguir lendo Vinte minutos por Europa

Papanatismo antidemocrático

Quen afirme que a disensión, que a discrepancia, que a oposición ou a confrontación de ideas (nun marco de convivencia), resultan antidemocráticos ou que poñen en perigo a esencia mesma da democracia, deturpan de cheo o propio concepto. Estamos a viver momentos “democráticos” difíceis. A ausencia de cultura democrática, e cívica, destacadamente en lideres dos … Seguir lendo Papanatismo antidemocrático

Ensinar a pensar

Son moitas as organizacións e colectivos que reclamamos de xeito constante unha mellora real da estruturación e formulación do sistema educativo, demandando máis meios, máis e mellor formados profisionais… Mais alonxándonos dese tipo de reivindicacións xustas e de inminente necesidade, é preciso aprofundar noutras dimensións, cecais esquencidas, do ensino. O ensino é un valor social, … Seguir lendo Ensinar a pensar

O BNG debe ser B-N-G, a alternativa necesaria para Galiza.

Comezo manifestando o escepticismo, a tempos indiferencia, que me suscitan os grandes “debates” públicos, mediatizados… ao cabo externos sobor do camiño que debe seguir unha ou outra forza política. Sei que moitas das persoas que escreben, que opinan, queren aportar para a mellor marcha do BNG, por ser éste o auténtico aparello de Estado da … Seguir lendo O BNG debe ser B-N-G, a alternativa necesaria para Galiza.