Cambio adiantado.

O vindeiro 19 de xuño será a data, adiantada 4 meses, para a celebración das eleccións ao Parlamento Galego. Tal e como se pronosticaba Manuel Fraga comunicou esa decisión ao Consello da Xunta de Galiza. Inádmisíbel é que o Presidente do governo galego empregue a convocatoria electoral nun xogo de intereses en marcada chave partidista-oportunista, … Seguir lendo Cambio adiantado.

Galiza paga o pato, de novo.

Mil catro centos cinco traballadoras e traballadores de Ferrolterra quedaronse nesta quincena final do mes de febreiro sen o seu posto de traballo. Na práctica esa cifra ten unha dupla dimensión; dunha banda haberá mil catrocentas cinco persoas máis en Galiza privadas ao seu direito a traballar e que aceptarán unha saída forzosa que a … Seguir lendo Galiza paga o pato, de novo.

Vinte minutos por Europa

O vindeiro 20 de febreiro a cidadanía galega, xunto coa do conxunto do Estado Español, estamos convocadas e convocados para opinar arredor do Tratado Constitucional Europeo, nun referéndum , que de entrada poderíamos calificar de propagandístico, e por precipitado tamén de antidemocrático.Democracia é participación, é uso da cota de soberanía popular que a cada cidadá, … Seguir lendo Vinte minutos por Europa

Papanatismo antidemocrático

Quen afirme que a disensión, que a discrepancia, que a oposición ou a confrontación de ideas (nun marco de convivencia), resultan antidemocráticos ou que poñen en perigo a esencia mesma da democracia, deturpan de cheo o propio concepto. Estamos a viver momentos “democráticos” difíceis. A ausencia de cultura democrática, e cívica, destacadamente en lideres dos … Seguir lendo Papanatismo antidemocrático

Ensinar a pensar

Son moitas as organizacións e colectivos que reclamamos de xeito constante unha mellora real da estruturación e formulación do sistema educativo, demandando máis meios, máis e mellor formados profisionais… Mais alonxándonos dese tipo de reivindicacións xustas e de inminente necesidade, é preciso aprofundar noutras dimensións, cecais esquencidas, do ensino. O ensino é un valor social, … Seguir lendo Ensinar a pensar