Quérote, non te quero

Nos últimos tempos temos asistido á posta en escena, unha vez máis, dunha hipotética aproximación por parte do Partido Popular de Galicia co BNG, na que mesmo Núñez Feijoo non descarta a posibilidade de pactos post-electorais co Bloque. A estratexia non é nova, pero segue a darlle resultados positivos aos populares. O PP tense significado … Seguir lendo Quérote, non te quero

Cando a brétema non deixa ver (Réplica a M. Bragado)

Contaronme que o meu artigo recentemente publicado en Xornal.com (e que viu a luz tamén noutros medios) baixo o título “O Caso Valadés: individuo vs colectivo, discrepancia vs disidencia” tivo a suficiente sona como para suscitar comentarios do máis diverso tipo, e mesmo a reacción de Manolo Bragado, autor do blog Brétemas. Marcos Valcarcel tamén … Seguir lendo Cando a brétema non deixa ver (Réplica a M. Bragado)

O Caso Valadés: individuo vs colectivo, discrepancia vs disidencia.

Recentemente tense desatado un polvorín meiático e público, máis artificial que espontáneo, encol do que se ten denominado na Rede como “caso Valadés”. Pedro Gómez Valadés é o Presidente da Asociación Galega de Amizade con Israel, AGAI, e era responsábel da área de cultura e lingua da Executiva Comarcal do BNG de Vigo. O problema, … Seguir lendo O Caso Valadés: individuo vs colectivo, discrepancia vs disidencia.

Vigo: a hora do benestar.

Coa aprobación definitiva do PXOM por parte da Xunta de Galiza, que a día de hoxe é tan só unha cuestión de tempo, Vigo terá xa unha verdadeira folla de ruta para o seu crecemento, ordeado e marcadamente sustentabel, e para o seu desenvolvemento, destacadamente industrial. O PXOM, con todos os matices precisos, será un … Seguir lendo Vigo: a hora do benestar.

Falando claro da guerra do Líbano. Galloway vs Skynews.

[gv data=”P1-3kavJVmY” width=”425″ height=”350″][/gv] George Galloway, ex laborista que acusou no seu día ao primeiro ministro británico, Tony Blair, de ter nas súas mans o sangue dos “100.000 mortos da guerra de Iraq”, fundou o seu propio partido, “Respect”, co que conseguiu a súa re-elección nas pasadas eleccións xerais. Galloway na súa comparecencia no mes … Seguir lendo Falando claro da guerra do Líbano. Galloway vs Skynews.