Galiza Nova de Vigo solidarízase cos traballadores despedidos de TERMAVI.

termavi

Déixovos aquí o texto da nota de prensa remitida hoxe por parte de GN de Vigo a respecto da folga da empresa Termavi:

A Asemblea Comarcal de Galiza Nova de Vigo quere expresar a súa completa solidariedade cos traballadores da empresa TERMAVI, que estes días iniciaron un proceso mobilizador por mor do despedimento arbitrario de 9 compañeiros.

Seguir lendo “Galiza Nova de Vigo solidarízase cos traballadores despedidos de TERMAVI.”

O exemplo de Mos.

O municipio de Mos, na comarca de Vigo, estivo estes últimos días de sonada actualidade. O feito que lanzou á primeira plana informativa a este concello de menos de 15.000 habitantes, pero de crecente importancia dentro da área metropolitana viguesa, foi a moción de censura presentada polo Partido Popular e que co apoio do tránsfuga … Seguir lendo O exemplo de Mos.

As festas de todas/os.

Algo tan normal e lóxico como o feito de que a programación das festas de calquer cidade esté completamente desvinculada de actividades promovidas por calquer confesión relixiosa, máxime cando vivemos nun estado proclamado aconfesional, non debería suscitar nen a máis mínima sorpresa, e dende logo non tería porque ser noticia. Porén, lamentabelmente este ano será … Seguir lendo As festas de todas/os.

López Peña: bye bye!

O delegado do estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, o histórico do PSOE, Francisco López Peña, acaba de anunciar a súa dimisión a través dunha nota de prensa. Rematan así once anos de dirección dunha entidade cunha importancia crucial no seo dunha cidade industrial como Vigo, desenvolvidos en dúas etapas: de 1989 a … Seguir lendo López Peña: bye bye!

Polémica metropolitana

O deseño territorial do noso país, o ordenamento do territorio e a estructuración institucional do mesmo, foi unha cuestión obviada, salvo intentos nominais, ao longo dos dezaseis fatídicos anos de des-governo Fraga, como unha mostra máis do seu deseleixo e do seu nulo interese en activar as potencialidades do país nunha esfera global que se … Seguir lendo Polémica metropolitana

Vigo: a hora do benestar.

Coa aprobación definitiva do PXOM por parte da Xunta de Galiza, que a día de hoxe é tan só unha cuestión de tempo, Vigo terá xa unha verdadeira folla de ruta para o seu crecemento, ordeado e marcadamente sustentabel, e para o seu desenvolvemento, destacadamente industrial. O PXOM, con todos os matices precisos, será un … Seguir lendo Vigo: a hora do benestar.