Caballero rectifica?

Após o Bloque Nacionalista Galego rexeitara o segundo borrador de orzamentos municipais presentado polo PSOE, calco do primeiro, a concelleira de Economía anunciou publicamente que o goberno municipal está en disposición de aceptar todas as condicións postas polo Bloque para os aprobar.

Con razón o BNG se opón a unha proposta orzamentaria que é absolutamente pésima, dado que insiste en concentrar o gasto en beirarrúas ao tempo que reduce partidas de claro contido social como a de garderías ou a bolsa de comedor escolar, máis necesarias que nunca por mor dos graves efectos da crise sobre as clases populares.

Seguir lendo “Caballero rectifica?”

Orzamentos pésimos

Os presupostos retratan o proxecto de cidade dun goberno. A de Caballero é só unha cidade continente, con rúas empedradas, mais cada vez con menos contido, con menos servizos.

Mentres que se incrementa un 8% a partida de humanizacións, que supera os 10 millóns de euros, o goberno do PSOE propón importantes recortes en cultura ou en servizos públicos coma os comedores escolares, as garderías ou o programa ‘xantar na casa’, máis esencias ca nunca pola crise.

Seguir lendo “Orzamentos pésimos”

Nova estación de tren

Outra reviravolta ao AVE que nunca chega. A ministra de Fomento anunciou a súa intención de manter o faraónico proxecto de Thom Mayne para a nova estación de tren de Vigo, disque daquela xa conectada por alta velocidade.

Francamente, á veciñanza tanto nos ten o deseño estético, a grandeza arquitectónica ou a pomposidade do seu autor. O realmente importante é ter unha estación de tren funcional, con máis e mellor servizo do actual. Unha estación útil na medida en que se teña mellorado a deficiente conexión por camiños de ferro, que serva para o seu cometido esencial: favorecer a mobilidade a través dun medio económico e sustentable como é o tren.

Seguir lendo “Nova estación de tren”

Agonía industrial.

Solventar a problemática arredor do tax lease non resolverá completamente a grave situación do sector naval, mais a súa non resolución poderá supor amunición que resta para rematalo. A automoción non atravesa tampouco o seu mellor momento. Ficamos perante unha grave crise que afecta ás potencialidades produtivas da nosa comarca a nivel industrial. A agonía … Seguir lendo Agonía industrial.

Falta auga e… racionalidade.

É certo, falta auga. A seca deste ano, cun verán que semella non rematar nunca –resultado da desfeita climática–, coloca os embalses dos que bebe Vigo en niveis moi preocupantes. É mesmo probable que de non mediar suficientes precipitacións nas próximas semanas poidamos correr o risco de cortes e restricións na subministración.

Porén, o que máis está a escasear é a racionalidade por parte do goberno municipal. É completamente irracional que fronte a esta situación se continúen a baldear con milleiros de litros de auga potable ás rúas. É irracional que se mantiveran conectadas ata hai nada fontes ornamentais que non teñen circuíto pechado, que beben da traída. É irracional que non se force a Aqualia a actuar de xeito decidido contra as fugas na rede nas que se perden cantidadesinxentes de auga.

Seguir lendo “Falta auga e… racionalidade.”

Un outono sen albergue.

Un novo outono e Vigo fica sen albergue municipal. Nada se sabe tampouco a respecto do dispositivo de emerxencia que nos últimos anos se puxo en marcha cada inverno. Son varios centos as persoas que na principal cidade de Galicia carecen de teito baixo o que vivir.

Porén, o alcalde nada ten feito para que a nosa cidade conte cunha dotación mesmamente indispensable. Apenas anuncios de cara á galería, mesmo coa sinatura dun convenio que aínda non se executou. Caballero tentou esquivar desde o inicio esta importante asignatura pendente, mesmo sabotando as iniciativas do BNG co que gobernaba.

Seguir lendo “Un outono sen albergue.”

As beirarrúas poden agardar.

Os orzamentos son o instrumento político máis importante. Boa parte da política depende da toma de decisións de carácter económico. En que gastar e de onde recadar. Ficamos ás portas duns novos orzamentos para Vigo dos que apenas nada se sabe. Nova evidencia da urxente necesidade de transparentar e facer máis participativo o documento que decide onde meter os cartos de todas e todos.

Non é hora de grandes proxectos nin de petulantes anuncios. A forte crise indica que as  prioridades deben ser outras. As humanizacións, outrora fortemente reivindicadas, teñen sido convertidas en cuantiosos investimentos que enterran en pedra uns recursos cada vez máis escasos.

Seguir lendo “As beirarrúas poden agardar.”

Democracia participativa.

Unha das principais achegas do 15-M foi situar a reivindicación de máis democracia nun primeiro plano. Esa nova democracia real só pode asentarse na participación directa da veciñanza. Non se trata de facer desaparecer as estruturas representativas do poder político, senón de incrementar a capacidade da cidadanía de incidir sobre a acción deste.

O eido municipal, pola súa proximidade, presenta grandes potencialidades neste senso. O gran reto pasa por aumentar os mecanismos de participación directos ao tempo que se avanza cara á descentralización dos concellos.

Seguir lendo “Democracia participativa.”

Abaixo a cruz do Castro.

Vinte organizacións sociais, feministas, xuvenís, políticas e sindicais da cidade promoven a convocatoria dunha grande concentración cidadá para hoxe. O obxectivo da mobilización é demandar do Concello de Vigo a retirada da Cruz dos Caídos do Castro, precisamente na data na que se cumprirán 50 anos da súa inauguración pola ditadura de Franco.

Esta iniciativa plural foi impulsada pola Federación Veciñal e máis pola Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36. Non é unha convocatoria contra ninguén, senón en favor da dignidade democrática. Dignidade incompatible coa persistencia de simboloxía erixida para enaltecer e render homenaxe a quen asasinou, reprimiu e perseguiu despois de violentar a legalidade democrática.

Seguir lendo “Abaixo a cruz do Castro.”

Vigo sen o sector naval.

Non se pode entender Vigo sen sector naval. Apuntábao estes días a CIG e ten razón. A nosa é unha cidade cunha potencialidade produtiva e industrial claramente desaproveitada e desincentivada.

A última arbitrariedade da UE vén de bloquear o chamado tax lease, un mecanismo de contratación con cobertura fiscal, ao tempo que permite que fórmulas semellantes sigan a aplicarse en Alemaña, Francia, Noruega e Holanda. Máis unha vez a dobre vara de medir da Europa do Capital.

Seguir lendo “Vigo sen o sector naval.”