Defendamos o naval

8.000 postos de traballo destruídos. 200 empresas desapareceron. Un dos tres estaleiros xa pechou e outro fica sen actividade. Eis o resultado do continuado abandono do sector naval por parte dos gobernos español e galego. Esta situación ameaza un sector que representa o 30% da riqueza da comarca e que chegou a atinxir 30.000 empregos, … Seguir lendo Defendamos o naval

Naval, UE e Feijóo

A grave situación do sector naval en Galicia estivo moi presente na celebración do Primeiro de Maio en Vigo. Celebración masiva, na que o sindicalismo nacionalista tivo a maior manifestación da súa historia nesa data.

A demanda de solucións urxentes que impidan o esmorecemento definitivo da construción naval na ría de Vigo foi das máis proclamadas. As e os moitos que antonte se mobilizaron saben da estreita relación, causa-efecto, entre a situación do tecido produtivo e a taxa de desemprego.

Seguir lendo “Naval, UE e Feijóo”

Só unha lei

A área metropolitana de Vigo non parece unha realidade probábel. A coordinación administrativa e a mancomunación de servizos esixe acordo. Un consenso que non hai. A veciñanza non demandabamos unha lei que fique en papel mollado. Tampouco un novo esquelete burocrático que non faga ren nin resolva duplicidades. A veciñanza demandamos desde hai moito tempo un … Seguir lendo Só unha lei

Plantón ao alcalde

Se Abel Caballero non rectifica para evitalo, hoxe recibirá un sonoro plantón da Federación Veciñal. A FAVEC cansou de agardar, despois de moita espera, a que o rexedor cumpra coa palabra dada e firme un convenio de colaboración coa entidade veciñal, tal e como lle esixe un acordo plenario e lle reclama o BNG. Se antes … Seguir lendo Plantón ao alcalde

Absurdo aeroportuario

A suma dos tres aeroportos galegos recibe menos pasaxeiras/os que o aeroporto de Sevilla e realiza menos operacións que o de Alicante. Unha realidade agravada pola irracional competencia interna entre Alvedro, Lavacolla e Peinador, que limita as potencialidades aeroportuarias de Galiza en beneficio doutras áreas do Estado ou da península (Oporto). Os datos amosan reiteradamente a necesidade urxente de dotar ao sistema aeroportuario galego … Seguir lendo Absurdo aeroportuario

Auga para tres meses

Parece que o suministro de auga está garantido para os vindeiros tres meses malia estarmos no febreiro máis seco dos últimos anos.

Porén, o debate social xenerado por mor da previsión de escaseza e propostas descabelladas, como o trasvase que pretendía Caballero no Río Verdugo, inda non se resolveu.

Seguir lendo “Auga para tres meses”

Poder popular

A participación é a base ineludible para construír unha democracia efectiva e plena. O chamado goberno do pobo non se pode limitar á delegación electoral en institucións políticas que as máis das veces escapan do control social e nas que se consuman non poucas traizóns á vontade popular.

A democracia formal vixente alargou o exercicio da pretendida representatividade ata a substitución de facto do suxeito representado: o pobo.

Seguir lendo “Poder popular”

O alcalde dobrou

Caballero cederá ás esixencias do BNG, e corrixirá os orzamentos municipais para destinar 5 millóns de euros a políticas de emprego e 1 millón máis para políticas sociais.

Porén, falta por ver se malia esta rectificación, necesaria e positiva, se manterán partidas de gasto improdutivo desmesuradas: 450.000€ para subvencións a compañías
áreas, 150.000€ nun convenio infame con Citroen ou os máis de 250.000€ para propaganda.

Seguir lendo “O alcalde dobrou”

Folga xeral indispensábel

A situación de desemprego na nosa comarca, con 70.000 paradas/os, e o continuado desmantelamento de importantes sectores produtivos, como a construción naval, debuxan un escenario de emerxencia.

Situación que ven de ser agravada polo acordo de CC OO e UGT coa patronal, que recunca na perda de dereitos, e cunha nova reforma laboral que por decreto precariza até o extremo as condicións laborais.

Seguir lendo “Folga xeral indispensábel”