Punto final

      O pasado xoves 31 de xaneiro presentei diante da Asemblea Xeral Extraordinaria da FAVEC a miña renuncia voluntaria como Secretario e membro da Comisión Permanente da Federación Veciñal. Esta decisión, resultado da miña indispoñibilidade por razóns persoais e laborais para asumir como é debido as tarefas propias da miña responsabilidade, pon dalgunha … Seguir lendo Punto final

Cacheos antidemocráticos.

Hoxe o xornal LVG denunciaba que a Policía Local cacheou a varios compañeiros e compañeiras dos medios de comunicación no momento en que tentaban acceder ao Salón de Plenos. Na miña opinión é impresentábel que desde o Goberno Municipal de Vigo se teime en dificultar arbitrariamente o acceso aos plenos, non só á veciñanza senón … Seguir lendo Cacheos antidemocráticos.

Preocupación.

Casa "Villa Galicia", sede social da histórica A.V. de LavadoresHai uns días, ao fío dunha noticia publicada no suplemento Vigo 4 Costados de Faro, comentei publicamente nas redes sociais a miña preocupación, como Secretario da FAVEC, arredor da problemática que afecta á AV de Lavadores, afirmando que:

De confirmarse o que denuncian varios ex-presidente e ex-directivos desta importante asociación veciñal, esa actuación non só non pode contar co meu aval nin respaldo, senón que é frontalmente incompatíbel co que a maioría do movemento veciñal quere e impulsa desde hai un ano na Federación Veciñal de Vigo. A reivindicación de democracia, independencia, transparencia e respecto á pluralidade non poden ser meras consignas, son valores que todas e todos debemos prácticar en todos os ámbitos, na federación e nas asociacións.

Seguir lendo “Preocupación.”

Somos federación.

.

.

.

Acabo de chegar da Asemblea Xeral Extraordinaria da FAVEC, que comezou ás 10:30h desta mañá, e na que o único punto da orde do día era a elección de nova Comisión Permanente.

A reunión arrancou coa tentativa da Comisión Permanente saínte, de que ao haber unha única candidatura presentada non se celebrase votación e fose “automaticamente” designada. Non estivemos de acordo, e intervín na asemblea defendendo que se votase, xa que é o único xeito no que as asociacións podían expresar libre e democraticamente o seu aval ou oposición á candidatura plural que presentaramos. Moi mal sinal sería principiar un mandato, que foi resultado dun proceso democrático de censura, sen que as asociación federadas manifestaran o seu acordo ou desacordo coa nova equipa. Queremos devolverlle o poder á asemblea, e hoxe tivemos a primeira oportunidade para o facer; e fixémolo.

Seguir lendo “Somos federación.”

Exercicio de democracia.

Mañá sábado celebrarase, como xa comentei en entradas anteriores, unha Asemblea Xeral Extraordinaria da Federación Veciñal na que se escollerá a nova Comisión Permanente para os vindeiros catro anos. Podería parecer que ao só se presentar unha única candidatura, da que fago parte, a xuntanza de mañá é un mero trámite, porén o certo é que encerra unha profunda significación democrática.

A asemblea de mañá será un neto exercicio de sana democracia interna, que culminará un proceso democrático de censura iniciado a principios de ano coa elección dun novo equipo directivo. Pero o fundamental é que será a demostración indiscutíbel de que, como argumentei durante todos estes meses exercendo de portavoz das 19 asociacións calificadas de “críticas”, en democracia os mandatos dos órganos de dirección comezan e rematan cando o decide a maioría.

Seguir lendo “Exercicio de democracia.”

Unha solución para as vivendas de Barreiro.

Desde hai case un ano, cen familias propietarias das vivendas de promoción pública construídas pola Federación Veciñal a través da súa promotora de vivenda están sen acometida de luz eléctrica, con problemas na presión do auga e outras deficiencias. A maioría das asociacións veciñais federadas soubemos da súa problemática a través da prensa, e tivemos a oportunidade de escoitar o seu testemuño directo na asemblea xeral celebrada hai un mes e na que demitiu, forzada por unha maioría, a actual Comisión Permanente.

No marco da xestión oscurantista que caracterizou estes últimos tres anos da FAVEC, o sucedido coas vivendas de Barreiro é sen dúbida o seu paradigma. Nunca se deu información, non se daba conta de como ían as cousas. Até que, como sucedeu coa situación financeira da propia federación, cando as cousas chegan ao límite terminan por explotar. Hai un mes a inmensa maioría das asociacións presentes na asemblea expresamos o noso apoio aos propietarios, aplaudindo a valente intervención de Alberto, o seu presidente.

Seguir lendo “Unha solución para as vivendas de Barreiro.”