Aviso sobre os comentarios.

Visto que o filtro antispam do blogue estaba a dar algúns problemas, e fixo que algúns de vós non puidesedes envíar comentarios, decidín eliminar ese filtro e establecín outros mecanismos de seguranza. En síntese: xa podedes comentar libremente! Seguir lendo Aviso sobre os comentarios.

Hai alguén aí?

Xa pasaron 50 entradas neste blogue dende o último comentario rexistrado, que a todo isto fixera o bo de Iago, aló polo 15 de decembro do pasado ano. Case 2 meses sen que ningún de vós, decidise comentar nada, criticar, parabenizar ou mesmo insultar. Son dos que cando collo ritmo ao falar non paro, pero … Seguir lendo Hai alguén aí?

E xa van 200

A entrada anterior foi a número 200 do blogue. Pasaron apenas 4 meses dende que CONTRADISCURSO chegou aos cen primeiros post, o que da boa conta do aumento sostido no número de entradas, e da periodicidade na actualización. A media de actualizacións foi de 13 entradas mensuais ao longo do 2008, fronte as escasas 1’41 … Seguir lendo E xa van 200

Prometo actualizar

Estes 8 días de silencio 2.0, teñen sido de moita intensidade. Ese silencio está xustificado polo maremagnum que vivín esta semana e que me deixou sen apenas tempo para asomarme por aquí. Cousas que pasan. Pero prometo actualizar o blogue en canto teña un respiro. Hai moitas cousas que se me están a quedar no … Seguir lendo Prometo actualizar

Nace ContraDiscurso TV

Pois iso, que grazas á plataforma World TV, decidín crear a miña propia canle de TV por internet. ContraDiscurso Televisión nace coa pretensión de complementar con documentos audiovisuais que son do meu interese os contidos deste blogue. A canle, que ten certas funcionalidades da televisión á carta (pódese ir zapeando sobre os vídeos que estean … Seguir lendo Nace ContraDiscurso TV

Un chisco de autobombo

Son dos que ten recoñecido por activa e por pasiva, mesmo dun xeito máis que explícito, que tendo en conta que a vontade dun autor é a de compartir a súa creación co público, o número de visitas pese a falsa modestia que o nega, si que é relevante. Por suposto que ninguén escribe para … Seguir lendo Un chisco de autobombo

Novo deseño

Hai poucos días Alberte mudaba a aparencia do seu blogue. Ese cambio e o feito de que levo xa algunhas semanas na procura dun novo deseño para o meu, é o que explica que esta mañá CONTRADISCURSO 3.0 aparecese cunha faciana completamente renovada, sen previo aviso. O cambio é profundo, case que extremo, en comparación … Seguir lendo Novo deseño

Experimento: publicidade no blogue.

Como puidechedes ter comprobado, dede hai uns días incorporei algúns espazos publicitarios, do programa Google AdSense, ao blogue. O obxectivo non é tanto obter rendementos económicos, senón testear se un blogue cun fluxo de visitas coma o meu (2.500 visualizacións mensuais) resultaría rendábel a través de insercións publicitarias. O experimento durará en principio un mes … Seguir lendo Experimento: publicidade no blogue.