Como podedes comprobar a portada do blogue sufriu algúns pequenos cambios, que afectan fundamentalmente aos contidos e a súa presentación. Inspireime na bitácora de Marc Vidal, que me pareceu tremendamente funcional.
Debido a que a extensión das entradas acostuma exceder os 2.000 caracteres, e para facer máis cómoda a lectura a golpe de scroll do blogue, a partires de agora todas as entradas aparecerán publicadas extractadas na portada. Ademais do título, como é lóxico, e da imaxe correspondente, cada entrada conterá na portada unicamente os dous primeiros parágrafos (independentemente da súa extensión) do texto. Haberá algunha excepción a esa norma pero será en todo caso para textos breves. Para ler a entrada completa tan só teredes que clicar na ligazón “Ler máis” que aparece ao final de cada post.
Seguir lendo “Ler máis.”