Unha despedida e outra mudanza

Blogaliza bota o feche. Após doce anos de vizosa andaina, axindo como un dos máis relevantes vectores do blogomillo. Doce anos facendo Rede galega e en galego. En poucas semanas baixará as cancelas definitivamente, deixando un oco moi difícil de volver encher. É pois esta unha despedida amarga, pero chea de agradecemento. A quen fixo … Seguir lendo Unha despedida e outra mudanza

Aquí estamos, de novo

Hai un ano e medio o blogue abandonaba a confortábel casa materna de Blogaliza. A bitácora deslocábase a un novo aloxamento, que daquela parecía ofrecer mellor funcionalidade e prestacións para a poder ensanchar (ese era o plan, afortunadamente frustrado —aquí explico porqué–). Porén, os espazos publicitarios, que eu non xestionaba, ameazaban con engulir o blogue. O … Seguir lendo Aquí estamos, de novo

Retorno de urxencia

O novo aloxamento do blogue comezou a dar problemas estes días. Despois de comprobar que levaba varias horas caído e de non ser quen de achar nin solución nin explicación, decidín facer un retorno de urxencia ao agarimoso fogar materno de Blogaliza. Entre hoxe e mañá tomarei unha decisión definitiva. Seguir lendo Retorno de urxencia

Mudámonos!

>>En 30 segundos vas ser redireccionado automaticamente A piques de cumprir seis anos morando -confortablemente- en Blogaliza, decidín migrar o blogue a un aloxamento propio que me permitira implementar algúns cambios e ter control total sobre o sitio (deseño, plugins…). Ninguén sabe se esta será a mudanza definitiva, ou se haberá retorno. Mais desde hoxe … Seguir lendo Mudámonos!

Contradiscurso Ano VIII

Onte este blogue fixo sete anos do seu lanzamento. Case seis leva instalado nesta agarimosa hospedería que chamamos Blogaliza, e da que xente como Pedro Silva son xenerosas/os responsábeis. Se a bitácora non se emancipou a un aloxamento de seu foi por mor da resistencia a perder a confortábel calor da principal casa común do blogomillo galego, inda que si conta con dominio propio (www.contradiscurso.net).

Con esta son xa 557 as entradas publicadas desde o 27 de febreiro de 2005, entre as que se recolle a práctica totalidade dos artigos e columnas da miña autoría publicados desde 2003 até hoxe -agás algúns dos primeiros-, que superan os 250 textos.

Seguir lendo “Contradiscurso Ano VIII”

Actualizacións na cola…

Por mor de diferentes motivos, algúns estritamente en chave persoal, o blogue ficou parado desde practicamente o mes de outubro do pasado ano. Porén, ao longo desta pausa trimestral da bitácula elaborei unha importante cantidade de contidos que hei de ir adicionando aos poucos, xa que son case unha vintena os textos pendentes na cola … Seguir lendo Actualizacións na cola…

Febreiro silente.

Abofé que este febreiro foi un mes de tremendo trasego, un completo non-parar, que paradoxicamente someteu á inactividade a esta palestra. Nos próximos días comezarei a rachar aos poucos o silencio forzoso no que permaneceu o blogue, e tamén o meu twitter, practicamente durante todo este mes, incorporando entradas que teño pendentes. Máis nada, era … Seguir lendo Febreiro silente.

Dicionario de galego incorporado no blogue.

Facendo uso das ferramentas para webmasters que Edicións Ir Indo amabelmente fornece desde o sitio web do seu dicionario de galego (funcionando desde hai pouco en modalidade premium), veño de incorporar o devandito dicionario no blogue, de tal xeito que ao premeres dúas veces sobre calquera das palabras contidas nas súas entradas ou comentarios abrirase … Seguir lendo Dicionario de galego incorporado no blogue.