Clamor estudantil contra os recortes

Este xoves tiveron lugar, no noso país, preto dunha vintena de mobilizacións estudantís contra os recortes no ensino anunciados polo Partido Popular. As convocatorias impulsadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, e de xeito especial polas organizacións xuvenís e estudantís nacionalistas, congregaron a milleiros de estudantes. Na Coruña e Compostela manifestáronse de 4.000 … Seguir lendo Clamor estudantil contra os recortes

Dez mil millóns

Bankia, a macroentidade resultante da fusión, e bancarización, de Caja Madrid e outras seis caixas de aforros vai ser rescatada. O FROB podería destinar até 10 mil millóns de euros, de diñeiro público, para apuntalar unha entidade privada que obtivo 309 millóns de euros de beneficios o pasado ano. Si, 10 mil millóns. A mesma cantidade na que o goberno Rajoy cifrou os bestiais recortes que está a piques de perpetrar contra a sanidade e o ensino públicos, no maior ataque da nosa historia contra o Estado do benestar. ‘Non hai cartos’ xustificaba hai unhas semanas o Presidente español. Habería que precisar; non hai cartos para os servizos públicos pero si para a banca privada. Non os hai para atender as necesidades da maioría, mais hainos a esgalla para apuntalar os gaños dos máis ricos.

Rodrigo Rato dimitiu como conselleiro delegado de Bankia. Mais a súa saída reportaralle unha zumenta indemnización de 1,2 millóns de euros. Será previsibelmente relevado por Jose Ignacio Goirigolzarri, ex-conselleiro delegado do BBVA. Este nomeamento podería ser unha pista importante de que o rescate do FROB é tan só un paso previo para unha maior concentración bancaria no Estado, a través dunha fusión ou absorción cun dos grandes xigantes financeiros.

Seguir lendo “Dez mil millóns”

Ou eles ou nós

A ofensiva do capital contra as clases populares para saldar a crise sistémica ao favor deste non ten límites. Iniciouse co retallamento de dereitos laborais fundamentais, co empobrecemento de salarios e pensións. A seguir, unha suba de impostos abusiva incrementando a presión fiscal sobre as rendas do traballo e ao tempo amnistiando a fraude dos ricos. Despois, a demolición do Estado do Benestar, con recortes brutais en servizos públicos esenciais como sanidade ou ensino.

Desta volta esa ofensiva bota man dun vello recurso, a privatización. Na folla de ruta da política neoliberal do goberno Rajoy, figura a privatización do transporte ferroviario ou o cobro polo tránsito nas autovías. A peaxe das autoestradas tamén subirá.Fíxase así mesmo o incremento das taxas municipais nos concellos e un novo aumento do prezo da luz e do gas.

Seguir lendo “Ou eles ou nós”

Taxas universitarias

De prosperar a pretensión do PP as taxas universitarias poderían incrementarse até un 66%. Ou o que é o mesmo: as titulacións poderán encarecerse até en 540€. A maior suba da historia coincidindo cunha grave situación social por mor da crise. Esta medida, inxusta e antisocial, sumará unha nova traba ao acceso a estudos universitarios … Seguir lendo Taxas universitarias

Saqueo orzamentario

Os Presupostos Xerais do Estado (PXE), resultado da maioría absoluta do PP, son un articulado de máis e máis recortes. Os primeiros orzamentos da era Rajoy fundaméntanse na bestial precarización de servizos públicos esenciais, como o ensinoou
a sanidade.

Son o densenvolvemento daquela reforma constitucional express aprobada, sen referendo, por PSOE e PP. Son a aplicación concreta do Pacto de Estabilidade do Euro, que malia parecer invisíbel publicamente é a raiceira de todas e cada unha das medidas antisociais acordadas polo goberno español. O actual e o anterior.

Seguir lendo “Saqueo orzamentario”

Imposto por enfermidade

O Goberno Rajoy obrigará ás e aos pensionistas a pagar parte dos medicamentos. Inda que perciban a miserenta pensión mínima. A gratuidade manterase só para as pensións non contributivas e desempregadas/os de longa duración sen subsidio. Polo momento. Redúcese tamén a porcentaxe subvencionada no prezo das menciñas para as e os traballadores en activo, que pagaremos … Seguir lendo Imposto por enfermidade

Os recortes na sanidade.

A sanidade pública, ata agora un dereito universal para toda a poboación, enfróntase a graves ameazas reais. Dunha banda as restricións no acceso aos servizos médicos a colectivos que van desde inmigrantes, persoas en situación de exclusión ou desempregadas sen fonte de ingresos. Restricións aberrantes e fondamente antisociais, que xa se veñen padecendo desde hai meses malia non ser de coñecemento público.

Hai que sumar tamén a crecente ameaza privatizadora contra a sanidade pública galega. Falo das multimillonarias concesións privadas para a construción de novas dotacións hospitalarias, da externalización privada de servizos ou da porta aberta ao copago que se introduce nos orzamentos da Xunta de Galicia para o vindeiro ano.

Seguir lendo “Os recortes na sanidade.”

Guillerme Vázquez pon no seu sitio ao PSOE galego pola súa defensa dos recortes sociais.

O Portavoz Nacional do BNG carga contra Pachi Vázquez, secretario xeral PSdeG, polo seu seguidismo da doutrina neoliberal. [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/_cjONoBs_HQ” width=”520″ height=”320″ wmode=”transparent” /] “Hay que explicar que el Estado no puede con todo. Quizás se nos fue la mano“, así despachaba esta mañá o Secretario Xeral da sucursal galega do PSOE (PSdeG) a política … Seguir lendo Guillerme Vázquez pon no seu sitio ao PSOE galego pola súa defensa dos recortes sociais.

As políticas do Partido Popular.

Mañá domingo, a macro-plataforma S.O.S. Sanidade Pública que aglutina 14 plataformas comarcais en defensa da sanidade pública e a numerosas organización sociais e sindicais de Galiza, convoca unha grande manifestación nacional baixo o lema “Contra a privatización da sanidade pública”.

A privatización da construción de infraestruturas sanitarias tan relevantes como o futuros hospitais ou novos centros de atención primaria, dan contido e fundamento a esa consigna. A ameaza de privatización é completamente real. Seguir lendo “As políticas do Partido Popular.”

Dereitos sociais ameazados.

Quen cualifica o actual goberno da Xunta de Galiza de empresa de demolición, dende logo non esaxera o máis mínimo. A ausencia de impulso político, de iniciativas, a patente falta de respostas e solucións ás principais problemáticas que está a sufrir o noso país é a principal característica do executivo presidido por un Núñez Feijóo, máis preocupado por gañar o favor e a graza da dereita española que de exercer as súas responsabilidades de goberno.

Hai infinidade de exemplos desta acción destrutora, que nada achega a favor do benestar do noso pobo. Porén, a clara tentativa de desmantelar os servizos sociais básicos, primeiro a través da súa privatización, é probabelmente un dos máis dramáticos. O Consorcio Galego do Benestar, que foi sen dúbida un dos maiores avanzos conseguidos durante o Goberno bipartito, e un mérito específico da ala nacionalista daquel goberno, é un dos principais obxectivos da acción demoledora do PP. Por que? Polo simple feito, non menor, de que representa a elevación a dereito fundamental o acceso a servizos sociais tan elementais para o noso país, como as galescolas hoxe convertidas en galiñeiros españolistas, os centros de día ou as oficinas I+B. Seguir lendo “Dereitos sociais ameazados.”