Alguén o tiña que dicir

Un dos mantras do pensamento dominante é o do consenso. Consenso forzoso e antidialéctico. A ditadura do gris mediocre que criminaliza calquera contraste, sobre todo os máis agudos.

Un dos campos nos que se libra a batalla das ideas é o da linguaxe. Recursos como a neolingua son empregados para nos impor un marco ideolóxico onde os significantes engolen os significados. Onde os conceptos se prostitúen mediante a retórica da manipulación. A uniformidade do ‘politicamente correcto’, ou o que é o mesmo: do que non incomoda. Non caben adxectivos, non cabe cualificación. Nada que poida contribuír a definir con nitidez a realidade. Nada que permita liberarse do xugo alienante das medias verdades interpretadas polos media.

Seguir lendo “Alguén o tiña que dicir”

Exerzamos de 99%

Mañá a clase traballadora galega estamos convocada a exercer a nosa máxima forma de protesta: a folga xeral. A folga do 29 de marzo ten por obxectivo lograr a retirada da última contrareforma laboral, aprobada por decreto polo goberno Rajoy, mais non só. Non é unha convocatoria finalista, senón un paso máis no necesario combate social contra do paquete de medidas antisociais e recorte de dereitos co que a clase dominante, a través dos seus gobernos vasalos, pretende cargar os custes da crise sistémica do capitalismo sobre a maioría social.

O éxito, seguro, da folga de mañá non será a fin de nada, senón un chanzo máis nun proceso, unha batalla máis (inda que importante) nun conflito -a loita de clases- que non parece doado pero do que non podemos fuxir. A gravísima agresión que representa a reforma laboral non é o problema, senón apenas un dos seus síntomas. Houbo outros (anterior reforma laboral, empobrecemento das pensións, suba inxusta de impostos…) e haberá máis (recortes de dereitos, destrución dos servizos públicos…).

Seguir lendo “Exerzamos de 99%”

"É o nacionalismo paleto o que afoga a lingua"

Culpabilizar ao nacionalismo galego da situación do noso idioma é tanto como acusar ao movemento anti-apartheid da discriminación racial que combatía.

Conforme o debate/polémica encol da necesidade (ou non) de reformulación do discurso que ha de soster o movemento de defensa da lingua xurdido ao abeiro do Informe IGEA, máis ás claras vai quedando o que realmente subxace tras del. Baixo esa aparente pretensión de remozar e anovar o discurso en defensa do galego agroman cada vez con maior claridade posicións que teñen intencións ben diferentes. Disto xa falei nun recente artigo, ao denunciar a intención oculta de aproveitar este debate sobre o xeito no que actuarmos para modificar os obxectivos da nosa actuación.

Mais hai algunhas intervencións públicas que resultan tremendamente preocupantes por presentar “argumentacións” certamente inaceptábeis. Unha das que maior indignación me provocou é da autoría de XOsse Dorrío, que nun comentario no grupo de Facebook “Debate sobre un novo discurso lingüístico” -impulsado por Filipe Diez-, que é un dos puntos da Rede onde se está a concentrar o intercambio de pareceres que algúns queren elevar á categoría de debate, deitou a barbaridade que vos presento a seguir: Seguir lendo “"É o nacionalismo paleto o que afoga a lingua"”

“É o nacionalismo paleto o que afoga a lingua”

Culpabilizar ao nacionalismo galego da situación do noso idioma é tanto como acusar ao movemento anti-apartheid da discriminación racial que combatía.

Conforme o debate/polémica encol da necesidade (ou non) de reformulación do discurso que ha de soster o movemento de defensa da lingua xurdido ao abeiro do Informe IGEA, máis ás claras vai quedando o que realmente subxace tras del. Baixo esa aparente pretensión de remozar e anovar o discurso en defensa do galego agroman cada vez con maior claridade posicións que teñen intencións ben diferentes. Disto xa falei nun recente artigo, ao denunciar a intención oculta de aproveitar este debate sobre o xeito no que actuarmos para modificar os obxectivos da nosa actuación.

Mais hai algunhas intervencións públicas que resultan tremendamente preocupantes por presentar “argumentacións” certamente inaceptábeis. Unha das que maior indignación me provocou é da autoría de XOsse Dorrío, que nun comentario no grupo de Facebook “Debate sobre un novo discurso lingüístico” -impulsado por Filipe Diez-, que é un dos puntos da Rede onde se está a concentrar o intercambio de pareceres que algúns queren elevar á categoría de debate, deitou a barbaridade que vos presento a seguir: Seguir lendo ““É o nacionalismo paleto o que afoga a lingua””

Premio Nóbel ao anticomunismo, máis unha vez.

Liu Xiaobo foi merecedor do Premio Nóbel da Paz pola súa coincidencia cos posicionamentos do Imperialismo.

Presentado como un activista en defensa dos dereitos humanos, como un dos principais loitadores polos valores democráticos (da democracia formal do occidente capitalista), Liu Xiaobo foi a persoa escollida polo selecto Comité Nóbel para que sucedera ao pacifista Barack Obama (Presidente dos pacíficos EUA)como Premio Nóbel da Paz deste ano.

Do mesmo xeito que os mass media, literalmente ao servizo dos seus amos, converteron a un preso común, Orlando Zapata, nun mártir heroico que resistía contra da “criminosa e cruel” Cuba socialista, hoxe relevado polo televisivo Guillermo Fariñas (terceiro cubano contrarevolucionario que recibe o Premio Sajarov do Parlamento Europeo nos últimos oito anos), Liu Xiaobo foi entronizado mediáticamente como unha vítima inocente e “inxusta da totalitaria” República Popular da China. Seguir lendo “Premio Nóbel ao anticomunismo, máis unha vez.”

Dar munición aos inimigos do galego.

A posición a favor do “bilingüismo restitutivo” do IGEA serviu para que PP e PSOE atacaran ao BNG.


Apuntábao Galicia Confidencial onte, referíndose ao debate público que xerou o polémico informe do IGEA: “Unha lea pública que sen dúbida será explotada polo PP para tentar desprestixiar o traballo dos críticos co seu polémico “Decreto do Plurilingüismo”, que reduciu o mínimo de horas de galego nas aulas. Os conservadores xa traballan en como salientar estas diferenzas. A fin é desprestixiar o traballo de plataformas como Queremos Galego, a miúdo representada publicamente por persoeiros próximos a UPG.”

E hoxe no decorrer do debate no Parlamento Galego da ILP impulsada pola Plataforma Cidadá Queremos Galego! –convertida en proposición de lei presentada polo BNG ante a negativa da mesa do Parlamento de aceptar a ILP-, e no que o Partido Popular volveu retratarse como unha forza radicalmente españolista, confirmábase a tese de que a decisión dunha pequena parte do segmento máis moderado do nacionalismo galego de cuestionar a estratexia e obxectivos do movemento en defensa da lingua, na procura da súa plena normalización, supón brindar munición aos inimigos do galego. Seguir lendo “Dar munición aos inimigos do galego.”