[NUM1NUTO] (In)xustiza de clase. Do funil á dobre vara de medir.

A xustiza é trending topic. Máis ben a falla dela ou, polo menos, a xeneralizada percepción social da súa ausencia. Estes días volvemos comprobar como a cartografía da impunidade fica en permanente expansión. O fastío e a desafección do povo face a corrupción estrutural agroman, máis unha vez, como bollas empurradas polo ciclo de noticias. No … Seguir lendo [NUM1NUTO] (In)xustiza de clase. Do funil á dobre vara de medir.

Un bebé no Congreso

Na primeira sesión das novas Cortes Españolas salientou un nome propio. Non era o de ningún senador, nin deputada. Foi Diego. O fillo de Carolina Bescansa, número 3 de Podemos. A súa presencia canda a nai no escano foi unha desas imaxes polémicas que aben informativos. Mais o debate non pasou do superficial. Seguir lendo Un bebé no Congreso

Onte, 3 de marzo.

Onte foi 3 de marzo. Hai 36 anos a policía española, daquela baixo o franquismo, asasinou a sangue fría a cinco traballadores en Vitoria-Gasteiz, no marco dunha cruel e violenta represión a unha folga xusta. Aquela decisión tivo responsábeis. Os ‘asasinos da razón’ teñen nomes e apelidos, por máis que as interesadas axiografías recentes pretendan … Seguir lendo Onte, 3 de marzo.

Rafael Correa, un discurso que paga a pena escoitar.

Faláronme del. Recomendáronme insistentemente que o vise e o escoitase con atención, e hoxe fun dar, no tamén recomendábel blogue de Carlos Tena, cun fragmento do excepcional discurso pronunciado polo Presidente da República de Ecuador, Rafael Correa, perante a Asemblea daquel país co gallo do Informe Anual. E fiquei enganchado da retórica vibrante, do verbo … Seguir lendo Rafael Correa, un discurso que paga a pena escoitar.

Máis unha perda.

O peche da edición impresa do Xornal de Galicia, acrecenta o drama dos media galegos trala desaparición de A Nosa Terra, A Peneira, Vieiros, GZ Nación ou máis recentemente Galicia Hoxe. É una pésima noticia para o noso país, que ve inda máis precarizada a súa exigua pluralidade informativa e limitadas as perspectivas de análise … Seguir lendo Máis unha perda.