Ence, ou a soberanía como cousa de comer

Unha das facetas máis perversas do argumentario que xustifica a subordinación do proxecto de transformación de Galiza, para o facer confluír dentro da nova transición española e a súa reforma disfrazada de ruptura, é que o que cómpre atender agora son as cuestións sociais, as cousas de comer. Esa tese reduce, por pasiva, o reclamo de soberanía nacional (e popular) para Galiza a unha afirmación meramente ideolóxica, de principios.

Seguir lendo “Ence, ou a soberanía como cousa de comer”

Auga para tres meses

Parece que o suministro de auga está garantido para os vindeiros tres meses malia estarmos no febreiro máis seco dos últimos anos.

Porén, o debate social xenerado por mor da previsión de escaseza e propostas descabelladas, como o trasvase que pretendía Caballero no Río Verdugo, inda non se resolveu.

Seguir lendo “Auga para tres meses”

Falta auga e… racionalidade.

É certo, falta auga. A seca deste ano, cun verán que semella non rematar nunca –resultado da desfeita climática–, coloca os embalses dos que bebe Vigo en niveis moi preocupantes. É mesmo probable que de non mediar suficientes precipitacións nas próximas semanas poidamos correr o risco de cortes e restricións na subministración.

Porén, o que máis está a escasear é a racionalidade por parte do goberno municipal. É completamente irracional que fronte a esta situación se continúen a baldear con milleiros de litros de auga potable ás rúas. É irracional que se mantiveran conectadas ata hai nada fontes ornamentais que non teñen circuíto pechado, que beben da traída. É irracional que non se force a Aqualia a actuar de xeito decidido contra as fugas na rede nas que se perden cantidadesinxentes de auga.

Seguir lendo “Falta auga e… racionalidade.”

Maremoto nuclear.

Sempre se dixo que un dos aspectos que explican a irracionalidade pronuclear era a desmemoria.

Disque en xaponés crise e oportunidade son unha mesma palabra. Xapón, terceira potencia mundial, acaba de encetar unha crise nuclear de imprevisíbeis consecuencias que se ha de sumar aos efectos da crise sistémica do capitalismo que xa estaba a padecer.

O terremoto, o seu maremoto subseguinte e as sucesivas réplicas que fan tremer o país, alén dun importante número de vítimas -inda pendentes dunha cuantificación complexa- provocou que se declarase o estado de alerta nuclear, xa que un dos países mellor equipados e organizados do mundo contra dos envites sísmicos, tivo que desaloxar preto de 600.000 persoas moitas delas a resultado dunha serie de accidentes e incidentes nalgunhas das máis importantes instalacións atómicas do país. Seguir lendo “Maremoto nuclear.”

Suxerencia de propósito para este ano novo.

Podes axudar a que o mar volva ser azúl e a terra inda máis verde.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/7D9xM7NK-zk" width="520" height="320" wmode="transparent" /]

No albor do ano novo, cando agroman en fervenza variados propósitos e intencións cos que encarar a nova xeira que con el se abre, coido moi oportuno facervos chegar esta misiva que a organización ecoloxista ADEGA -da que son parte- dirixe a quen teña a ben lela e na que convida a implicarse na transformación da realidade na defensa dunha nova concepción ambiental sobre a que ha de asentar esa nova orde económica  e social, máis xusta e igualitaria, que arelamos. Eu coma elas/es anímovos a dar un paso en defensa do noso medio, pasando a acción.

Ola. Feliz 2011.

Comezamos este ano poñendo en marcha unha campaña na que queremos multiplicar por catro o número de socios de ADEGA e ti es un dos que nos pode axudar a conseguilo. Seguir lendo “Suxerencia de propósito para este ano novo.”

Lume no monte.

A presente vaga de lumes, que desgrazadamente lembra moito a de 2005, debe provocar unha reflexión social, pero tamén decididas actuacións políticas. O lume é unha catástrofe e os incendiarios uns perigosos delincuentes. Mais alén da acaída ou desacertada política de extinción, estes feitos volven colocar enriba da mesa unha cuestión central: a posta en valor do noso monte.

O monte desatendido, sen ningún tipo de acción humana, sen actuacións preventivas, convértese en mans dos pirómanos nunha inxente masa inflamábel para beneficio da especulación carroñeira. Cabe logo preguntarse se o fenómeno do lume estival nos nosos montes non ten a ver moito co feito de que teñamos desistido do seu aproveitamento racional e respectuoso que outrora se practicara en Galiza.

Seguir lendo “Lume no monte.”

Nación libre de touradas.

De casualidade puiden ver e escoitar un cacho do debate no Parlament de Cataluña, a respecto da ILP pola abolición das touradas naquel país, que se resolvería coa aprobación maioritaria da prohibición. Hei de recoñecer que sentín unha certa envexa, primeiro por comprobar que a dinámica institucional de alí pouco –ou nada– ten a ver co parlamentarismo de cartón que se practica as máis das veces no Pazo do Hórreo.

Ese paso valente, que coloca unha concepción ética de respecto ós seres vivos por riba de prácticas arcaicas, provocou un debate social no que se deron novas manifestacións do máis rancio españolismo centralista, nun novo episodio de catalono-fobia.

Seguir lendo “Nación libre de touradas.”

O vento é noso

O concurso público para adxudicación da produción de 2.290 megavatios de enerxía eólica xa rematou. O proceso, pese ao teimudo interese en boicotealo por parte do PSOE e do PP, demostrou no formal a súa total transparencia e no resultado a súa relevancia estratéxica para Galiza. O dato máis destacábel é que  máis dun 14% … Seguir lendo O vento é noso