‘Sermos Galiza’ xa é

Hoxe constituíse formalmente o grupo de comunicación ‘Sermos Galiza‘. Esta mañá en Compostela tivo lugar a súa primeira Xunta Xeral de Accionistas, na que tiven o gusto de participar. Optouse pola fórmula de sociedade anónima para dar mellor acubillo legal a un proxecto alicerzado nun numeroso accionariado popular, cun gran número de pequenas achegas. Porén, como afirmou Manuel Mera -un dos integrantes do Grupo Promotor que pilotou a xestación do proxecto- ‘Sermos Galiza’ nace como ‘unha verdadeira empresa social, no seu pleno senso’.

Un grupo moi numeroso de persoas ateigaron a sala do Hotel Araguaney facéndoa ficar pequena. Había unha ampla representación de activistas dos movementos sociais, do mundo da cultura e do movemento nacionalista galego. Mais predominaron persoas descoñecidas que puñan en evidencia a base popular do proxecto. Había, e hai, moita fame social de medios de comunicación de noso na nosa lingua. ‘Non agardamos por unha burguesía comprometida, tomamos a iniciativa desde a base’ explicou Teresa Moure.

Seguir lendo “‘Sermos Galiza’ xa é”

Reclámalle á Xunta que na Casa de Galiza en Madrid atendan en galego!

Denunciouno Carlos Callón no seu blogue. A Delegación da Xunta de Galiza en Madrid non atende no noso idioma, malia que lle sexa pedido pola persoa atendida. Hai uns minutos chamei persoalmente ao ao 91 595 42 00 e puiden comprobar que efectivamente non se ofrece atención no noso idioma. Ao requerirlla a quen me … Seguir lendo Reclámalle á Xunta que na Casa de Galiza en Madrid atendan en galego!

Sermos Galiza na comunicación.

O peche do GH fixo que volvese agromar o debate a respecto da necesidade nacional de térmonos uns media propios, que se asenten na defensa e dignificación da nosa identidade, da nosa lingua e da nosa cultura, e que axan como activas palestras para a defensa dos intereses e dereitos do noso pobo.

A conmoción levou ao loito, o loito ao lamento, e o lamento máis unha vez á masoquista tradición da autoculpabilización. Estes días amosaron con crueza a faciana do paralizante sentimento de frustración que provocan nalgúns sectores os “fracasos”.

Seguir lendo “Sermos Galiza na comunicación.”