Novos pasos na andaina socialista en Cuba.

Cuba é a evidencia práctica da dificultade obxectiva que ten o proceso de construción do socialismo.

O proceso de cambios que encetará en breve en Cuba, ao abeiro das resolucións do VI Congreso do Partido Comunista Cubano, celebrado a principios de abril, e entre as que se inclúen os denominados “liñamentos” para a política económica e social da illa, é un asunto ao que cabe prestarlle a máxima atención, loxicamente desde unha perspectiva internacionalista e antiimperialista.

Cuba malia as súas deficiencias continúa a ser unha das máis importantes referencias para a esquerda e para os movementos emancipadores de todo o mundo. Cuba segue a ser un dos principais bastións do anti-imperialismo e unha experiencia exemplar, cuase podería dicerse que heroica, na construción do socialismo. Lease o anterior desde a certeza de que non hai experiencias transmutábeis mimeticamente, nin modelo que se poida trasladar simetricamente dunha realidade e coordenadas concretas a outras.

Seguir lendo “Novos pasos na andaina socialista en Cuba.”

Rectificar para fortalecer a Cuba socialista.

A rectificación alén de imprescindíbel é revolucionaria.

Cuba está inmersa nun importante proceso de reorientación, fundamentalmente da economía, que está a ser obxecto de moita atención internacional. O VI Congreso do Partido Comunista de Cuba, concluído recentemente, centrouse precisamente nos denominados liñamentos que enuncian as modificacións e correccións que se executarán na illa nos vindeiros anos.

Os liñamentos aprobados recentemente no Congreso do PCC, e que serán trasladados á Asemblea Nacional do Poder Popular para o seu debate e aprobación, foron resultado dun intenso proceso participativo, plenamente democrático, no que se implicaron millóns de cubanas e cubanas, que tiveron a oportunidade de formular engádegas e modificacións nos milleiros de asembleas e xuntanzas celebradas. Algunhas das emendas foron finalmente incluídas no proxecto final malia ter sido propostas en orixe por apenas unas poucas persoas.

Seguir lendo “Rectificar para fortalecer a Cuba socialista.”

Congreso do Partido Comunista de Cuba.

O VI Congreso foi tamén a consolidación do relevo na cabeza do PCC.

O VI Congreso do Partido Comunis-ta de Cuba concluído hai apenas días foi un evento de especial transcendencia, non só pola relevancia do PCC como alicerce ­dunha exemplar revolución socialista e antiimperialista, senón sobre todo polo contido das súas resolucións entre as que caben destacar as denominadas “liñas para a política económica e social” e que están chamadas a actualizar e apuntalar a economía socialista da illa. Seguir lendo “Congreso do Partido Comunista de Cuba.”

Maremoto nuclear.

Sempre se dixo que un dos aspectos que explican a irracionalidade pronuclear era a desmemoria.

Disque en xaponés crise e oportunidade son unha mesma palabra. Xapón, terceira potencia mundial, acaba de encetar unha crise nuclear de imprevisíbeis consecuencias que se ha de sumar aos efectos da crise sistémica do capitalismo que xa estaba a padecer.

O terremoto, o seu maremoto subseguinte e as sucesivas réplicas que fan tremer o país, alén dun importante número de vítimas -inda pendentes dunha cuantificación complexa- provocou que se declarase o estado de alerta nuclear, xa que un dos países mellor equipados e organizados do mundo contra dos envites sísmicos, tivo que desaloxar preto de 600.000 persoas moitas delas a resultado dunha serie de accidentes e incidentes nalgunhas das máis importantes instalacións atómicas do país. Seguir lendo “Maremoto nuclear.”

O regreso de Idris I de Libia.

Esa nova bandeira que erguen os revolucionarios é a da Libia monárquica do pro-occidental Rei Idris I.

Tras as vertixinosas revoltas que tiveron lugar en Tunisia e no Exipto, que supuxeron o derrocamento dos seus máximos mandatarios (haberá que ver en que resultan finalmente), a atención mediática pousouse sobre Libia.

Apenas nada sabemos de que se acha tras desta pretendida revolución social que ameaza a continuidade de Muammar al-Gaddafi como líder deste importante país produtor petroleiro e cun papel significado no proceso de articulación continental africana que representa a Unión Africana. Que organizacións sociais ou políticas a encabezan? Que obxectivos procuran? Seguir lendo “O regreso de Idris I de Libia.”

Sortu: a “democracia” española a proba.

A non legalización de Sortu evidenciaría que o problema non é a violencia, senón a deliberada exclusión dun proxecto político.

Conversaba hai meses cun coñecido meu respecto do conflito político en Euskadi. Cando eu lle manifestaba a miña completa oposición á antidemocrática Lei de partidos, el retrucaba sereno esgrimindo o argumentario que reproducen os media españois. “¡É sinxelo: que condenen a violencia!”, exclamaba. Eu respostáballe que inda compartindo con el a necesidade de que a esquerda abertzale apostase decidida e unicamente pola vía política, iso non ía bastar a quen a esixe cando se producise. Sorriu con escepticismo, xa que lle parecía imposíbel que o abertzalismo acabase dando ese paso decisivo.

Díxenlle que non bastaría cumprir con ese requirimento e cos demais recollidos no articulado da infame Lei de partidos. Non ía bastar, pois a cada requisito cumprido, a cada proba superada, iríanse engadindo máis e máis, coa pretensión de facer esmorecer por esgotamento a vontade democrática de soster ese proxecto político desde as institucións. Porque o conflito vasco non ten a ver unicamente coa violencia. Seguir lendo “Sortu: a “democracia” española a proba.”

Lukashenko vs EuroNews.

Despois de Chávez vs Andreína, o Presidente bieloruso dalle un repaso ao entrevistador da canle europea. [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/cG0GqRPgpDk” width=”520″ height=”320″ wmode=”transparent” /] Comentábao onte con Gonzalo Gómez (co-fundador do dixital venezolano Aporrea), con quen tiven tempo de departir após a interesante e tremendamente didáctica conferencia que impartiu en Vigo a respecto da situación do proceso … Seguir lendo Lukashenko vs EuroNews.

Oportunidade histórica para a paz en Euskal Herria.

A valoración do escenario que se abre tralo cesar-o-fogo declarado por ETA só pode ser positiva por ser un paso ben importante que viabiliza o arelado final do conflito.

“ETA decidiu declarar un cesar-o-fogo permanente e de carácter xeral, que pode ser verificado pola comunidade internacional”. Até aí o fragmento máis difundido (inda que de xeito parcial e mesmo ultraresumido) do comunicado de ETA feito público no día de onte. Sen restarlle a relevancia que ten ese cacho o texto que lle sigue encerra tamén un elevado significado que está a ser obviado.

“Este é o compromiso firme de ETA cun proceso de solución definitivo e co final da confrontación armada” prosigue. Seguir lendo “Oportunidade histórica para a paz en Euskal Herria.”

Premio Nóbel ao anticomunismo, máis unha vez.

Liu Xiaobo foi merecedor do Premio Nóbel da Paz pola súa coincidencia cos posicionamentos do Imperialismo.

Presentado como un activista en defensa dos dereitos humanos, como un dos principais loitadores polos valores democráticos (da democracia formal do occidente capitalista), Liu Xiaobo foi a persoa escollida polo selecto Comité Nóbel para que sucedera ao pacifista Barack Obama (Presidente dos pacíficos EUA)como Premio Nóbel da Paz deste ano.

Do mesmo xeito que os mass media, literalmente ao servizo dos seus amos, converteron a un preso común, Orlando Zapata, nun mártir heroico que resistía contra da “criminosa e cruel” Cuba socialista, hoxe relevado polo televisivo Guillermo Fariñas (terceiro cubano contrarevolucionario que recibe o Premio Sajarov do Parlamento Europeo nos últimos oito anos), Liu Xiaobo foi entronizado mediáticamente como unha vítima inocente e “inxusta da totalitaria” República Popular da China. Seguir lendo “Premio Nóbel ao anticomunismo, máis unha vez.”