Si, é o discurso

Non é novo o desprezo cara ao discurso na análise política, nomeadamente á hora de debullar determinados comportamentos electorais. Ao fío dos resultados do pasado 20D, lense e escóitanse algunhas valoracións que teiman en insistir nesa chave, como unha manifestación máis do paternalismo co que se adoita infantilizar –consciente ou inconscientemente– o electorado.

Seguir lendo “Si, é o discurso”

A transversalidade direitizante.

Precisamente quando a persistente crise sistémica do capitalismo neoliberal implica umha agudizaçom das contradiçons intrínsecas do capital, e em conseqüência umha radicalizaçom nas manifestaçons políticas e económicas do sistema, há quem erga –de novo– a velha bandeira da ‘transversalidade’ interclassista.

Nos últimos meses tenhem surdido iniciativas, pretensamente inovadoras mas que encerram as velhas fórmulas do possibilismo eleitoralista, quando nom do mais puro oportunismo, desenhadas a partir de coordenadas quase sistémicas, de escassíssimo alcance transformador.

Seguir lendo “A transversalidade direitizante.”

Da ‘refundación’ e outros mantras.

Trala reiteración até a extenuación do mantra da ‘renovación’ e ‘apertura’ da esquerda, e tras comprobar o fracaso reiterado destas formulacións propias do postmodernismo progre (baste observar os resultados recentes nas eleccións lexislativas en Portugal), desta volta o novo becerro de ouro é o da ‘refundación’, sexa da esquerda en xeral ou do nacionalismo galego en particular. Vese máis unha vez que determinados sectores seguen a esforzarse máis no significante, na formulación aparente, que no significado ou no contido concreto da súa proposición política. Ficamos pois, perante unha nova vaga de fermosas palabras que malia nacer -nalgúns casos mais non en todos- da boa intención acaban por ser simple envoltorio estético de discursos baleiros.

A estas alturas xa non hai nada máis vello que a teima pretendidamente ‘anovadora’, trala que se agocha as máis das veces unha deliberada intención de moderar discursos, de atenuar proxectos e de dulcificar perfiles por puro posibilismo electoralista. Quen sustenta este tipo de discursos na ‘modernidade’ obvia que non hai nada máis antigo que o reformismo.

Seguir lendo “Da ‘refundación’ e outros mantras.”

Lukashenko vs EuroNews.

Despois de Chávez vs Andreína, o Presidente bieloruso dalle un repaso ao entrevistador da canle europea. [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/cG0GqRPgpDk” width=”520″ height=”320″ wmode=”transparent” /] Comentábao onte con Gonzalo Gómez (co-fundador do dixital venezolano Aporrea), con quen tiven tempo de departir após a interesante e tremendamente didáctica conferencia que impartiu en Vigo a respecto da situación do proceso … Seguir lendo Lukashenko vs EuroNews.

Revisitar a Castelao.

Mergullarnos con frecuencia na súa obra é a mellor ferramenta da que dispomos para combater contra quen o deforma e caricaturiza.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/tnI3b2h3M7U" width="520" height="320" wmode="transparent" /]

Hoxe, día 7, é a data do 61º cabodano do falecemento do noso compatriota Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao. Este ano a data anticipa o 125º aniversario do natalicio do grande pensador do nacionalismo galego que dará inicio o vindeiro día 30 de xaneiro.

Para facer fronte a intoxicación que tenta deformar a súa obra, e nomeadamente o seu pensamento. Fronte ao cinismo de quen o reivindica cara a galería, negándoo cada intre coa súa prática. Fronte a quen pretende afogalo na xeneralización difuminadora, elevándoo a unha abstracción mitificante que de sempre el refugou. Para combater a quen -hoxe coma onte- prostitúe o seu nome e o seu verbo, a mellor ferramenta da que dispomos e visitármonos e revisitármonos con frecuencia a súa obra, beber dela, mergurllarnos nela, sen dogmatismo mais con compromiso, principiando pola obra alicerce do seu -do noso- pensamento, o “Sempre en Galiza”, do que aproveito para deitar un fragmento que coido ben actual: Seguir lendo “Revisitar a Castelao.”

Premio Nóbel ao anticomunismo, máis unha vez.

Liu Xiaobo foi merecedor do Premio Nóbel da Paz pola súa coincidencia cos posicionamentos do Imperialismo.

Presentado como un activista en defensa dos dereitos humanos, como un dos principais loitadores polos valores democráticos (da democracia formal do occidente capitalista), Liu Xiaobo foi a persoa escollida polo selecto Comité Nóbel para que sucedera ao pacifista Barack Obama (Presidente dos pacíficos EUA)como Premio Nóbel da Paz deste ano.

Do mesmo xeito que os mass media, literalmente ao servizo dos seus amos, converteron a un preso común, Orlando Zapata, nun mártir heroico que resistía contra da “criminosa e cruel” Cuba socialista, hoxe relevado polo televisivo Guillermo Fariñas (terceiro cubano contrarevolucionario que recibe o Premio Sajarov do Parlamento Europeo nos últimos oito anos), Liu Xiaobo foi entronizado mediáticamente como unha vítima inocente e “inxusta da totalitaria” República Popular da China. Seguir lendo “Premio Nóbel ao anticomunismo, máis unha vez.”