Futuro para os concellos.

A ningún traballador, a ningunha traballadora, lle pode dar igual que gobernen uns ou outros

Arrancou a campaña electoral. Restan xa apenas dúas semanas para unas eleccións municipais de enorme significación. Seguirán algúns a teimar na falsidade de que todas as opcións son iguais.

Pero como van ser iguais aquelas forzas políticas que promoven ou aproban medidas antisociais como a reforma laboral ou a das pensións, e aquelas que ademais de rexeitar esas medidas as combateron ao carón da clase traballadora, mobilizándose xunto ela, como fixo o BNG nas folgas xerais do 29-S e do 27-X? A ningún traballador, a ningunha traballadora, lle pode dar igual que gobernen uns ou outros, tampouco nos concellos O próximo 22-M temos a oportunidade de facer presente o noso rexeitamento contra as políticas antisociais que vimos combatendo a través da mobilización.

Seguir lendo “Futuro para os concellos.”

O nacionalismo en defensa de Galiza.

Neste momento da historia volve agromar con nitidez o duplo espolio que padece a maioría social do noso país.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/df8t5Y4ktNo" width="520" height="320" wmode="transparent" /]

Galiza está a atravesar unha situación de emerxencia. Resultado das políticas do PSOE en Madrid e do Partido Popular na Xunta, o noso país está a padecer taxas de desemprego record, con milleiros de familias galegas sen ningunha fonte regular de ingresos, así como unha merma da produtividade.

Mais tamén ficamos nunha conxuntura na que está en risco o exiguo autogoberno que posúe a nosa nación, como demostra a decisión do goberno Zapatero de privatizar a caixa de aforros galega para llela entregar ao grande capital financeiro foráneo. Seguir lendo “O nacionalismo en defensa de Galiza.”

Dous anos de desgoberno Feixóo.

Un goberno inoperante, incompetente, que exerce de sucursal dos intereses e posicións do PP a nivel de Estado.

Veñen de cumprirse dous anos desde que o Partido Popular regresase, pola mínima cun resultado electoral moi axustado, ao goberno galego. Cando se supera o ecuador da lexislatura, a Xunta presidida por Feixóo amosa un balanzo desolador da súa acción, ou máis ben inacción, de goberno.

O primeiro aspecto a salientar é que o PP, malia ter obtido menos votos que a suma dos votos ao BNG e ao PSOE e ter unha maioría por un só deputado, ten actuado coma se ostentase unha maioría moito máis ampla, despregando o talante máis antidemocrático e autoritario que nos remonta á etapa do rodillo que practicaba Manuel Fraga. O seu talante, sectario e autoritario, desenmascarou a un executivo que se presentaba como unha equipa técnica, de xestión, demostrando que o goberno Feijóo opera nunhas coordenadas ideolóxicas ben claras e definidas, que non son outras que a do sucursalismo patético do discurso reaccionario, antisocial e españolista que o Partido Popular desprega desde Madrid. Seguir lendo “Dous anos de desgoberno Feixóo.”

Vídeo-documental: Síntese histórica do movemento obreiro galego. Das orixes ao 1984.

A Fundación para o Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza, FESGA, (entidade dependente da CIG), ven de presentar o seu último traballo audiovisual que dispoñibilizaron no sitio web da devandita fundación. Trátase do video-documental “Síntese histórica do movemento obreiro galego. Das orixes ao 1984”, encadrado no traballo de investigación realizado coa colaboración da Deputación da Coruña que daría lugar a un completo e moi recomendábel libro de título homónimo.

Neste material, tanto no vídeo como no libro, faise un percorrido sobre a historia do movemento obreiro do noso país desde as xuntas cenetistas de A Coruña até as folgas do naval en 1984, a cargo de tres historiadores contemporaneistas de prestixio, como son Uxío-Breogán Diéguez, Dionisio Pereira e Bernardo Máiz. Polo tremendo valor deste traballo divulgativo a seguir penduro os tres clips vídeos correspondentes aos tres capítulos que compoñen este magnífico audiovisual realizado por Bernal Rúa.

Capítulo I: Proletariado e loita de clases na Galiza de anteguerra (Dionisio Pereira)

http://blip.tv/play/AYKUnS4C

Seguir lendo “Vídeo-documental: Síntese histórica do movemento obreiro galego. Das orixes ao 1984.”

Como celebrar a Constitución que nos nega?

“(…) a xestión de competencias delegadas pola soberanía española non é ningún xeito de autodeterminarse”

Un 6 de decembro máis asistimos ao enxalzamento do texto constitucional co que se legalizou de facto a ditadura franquista, converténdoa nunha democracia formal homologábel ás do resto da Europa occidental. Non foi ningún acto de xenerosidade, nin de repentina conversión aos valores democráticos. A constitución española foi -e segue a ser- un instrumento ao servizo da oligarquía capitalista española que precisaba a súa inserción plena no mercado europeo. O vixente texto constitucional, erixido en palabra sacra e inmutábel polo españolismo (tanto na súa variante neoliberal como na socialdemócrata), non contén ningún motivo de celebración, alén da superación formal dun réxime protofascista como foi o franquismo. Mais, algunha vez debemos superar a conservadora matraca do menos malo.

Esta constitución ten como un dos seus principais axiomas a negación da diversidade nacional do Estado, proclamando a indivisíbel unidade dunha entidade política (o Estado español) que non foi resultado senón dun continuado e artificioso proceso histórico de imposición e de asimilación centralista. Seguir lendo “Como celebrar a Constitución que nos nega?”

Facer dos concellos parapetos anticrise.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/6VhlpEm6Rxw" width="520" height="320" wmode="transparent" /]

Debemos fuxir da equivocada concepción que fai dos concellos un ámbito exclusivamente de xestión,que ás máis das veces despreza a potencial capacidade deste marco. Proxéctase teimudamente a percepción dos concellos como administración cativas e complementares a outras, que atenden aspectos que outras administración de rango superior non queren ou non poden resolver.

Pola contra, o ámbito municipal polas súas competencias, pola súa capacidade económica -nada desprezábel-, pero sobre todo pola curta distancia que separa o deseño das medidas da súa execución, encerra unha importantísima capacidade transformadora para modificar substancialmente cuestións que afectan de cheo ás condicións materiais de vida do pobo. Seguir lendo “Facer dos concellos parapetos anticrise.”

As políticas do Partido Popular.

Mañá domingo, a macro-plataforma S.O.S. Sanidade Pública que aglutina 14 plataformas comarcais en defensa da sanidade pública e a numerosas organización sociais e sindicais de Galiza, convoca unha grande manifestación nacional baixo o lema “Contra a privatización da sanidade pública”.

A privatización da construción de infraestruturas sanitarias tan relevantes como o futuros hospitais ou novos centros de atención primaria, dan contido e fundamento a esa consigna. A ameaza de privatización é completamente real. Seguir lendo “As políticas do Partido Popular.”

Orzamentos, crise e alternativas.

Alén de non facer practicamente nada para tentar frear os efectos máis lesivos da vixente crise que segundo Feijóo ía superarse apenas unhas semanas despois de que tomase posesión, o seu desgoberno acaba de reiterarse na súa orientación neoliberal aprobando uns novos orzamentos antisociais.

Antisociais, e mesmo pro-crise, tendo en conta que a administración galega desiste de tentar paliar, inda que sexa en parte, a perda de investimento privado -que explica en parte o forte desemprego que azouta o noso país-, xa que no canto de incrementar o investimento público rebáixao. Por non falarmos dos novos recortes orzamentarios en eidos tan fulcrais como son a sanidade e o ensino; dereitos irrenunciábeis para a maioría social. Seguir lendo “Orzamentos, crise e alternativas.”

Cara unha nova folga xeral.

A CIG ven de manifestar estar disposta a valorar unha nova convocatoria de folga xeral, mesmo en solitario, se o Goberno central non desiste dos seus plans para a contrareforma das pensións e se non retira a reforma laboral que provocou a masiva contestación das clases traballadoras o pasado 29 de setembro.

Non parece un órdago, nin un anuncio gratuíto o da central sindical nacionalista e de clase. Ao contrario, após o rotundo éxito do 29-S percíbese con claridade a disposición de amplas capas das clases populares do noso país a seguir a mobilizarse, mesmo a través dunha nova folga, para frear as políticas neoliberais do goberno Zapatero.

Seguir lendo “Cara unha nova folga xeral.”