Mobilización, mobilización, mobilización.
O electoralismo é un narcotizante de enorme potencia. En Galiza, infelizmente, a influencia determinante da axenda política española, alargada coa parcería entusiasta das franquías rupturistas, logrou facer penetrar en amplas capas sociais do noso país a falsa expectativa de que a solución aos graves problemas (sociais, económicos, ambientais…) que padecemos, chegaría maxicamente por man dun determinado resultado electoral. Na súa versión máis tóxica, esta tese chegaba a defender que a derrota das políticas de saqueo que aplican os gobernos do PP na Xunta e no Goberno español, só precisaba dunha outra correlación parlamentar no Pazo do Hórreo e no Congreso. Sen cuestionar, claro, o marco de dependencia xurídico-política e económica que nos estrangula como país e como povo. Como se a Troika non existise. Como se o noso papel periférico nun Estado membro da UE, o euro e a OTAN, en nada incidise. Como se a falla de soberanía política non fanase a nosa capacidade de mudar o rumo. A transformación reducida á alternancia gobernamental. Sempre a mesma trampa. Seguir lendo “Mobilización, mobilización, mobilización.”