#OpenDraghi en 8 puntos

Mario Draghi, Presidente do Banco Central Europeo –a póla financeira da Troika neoliberal- compareceu esta mañá perante o Parlamento español. Fíxoo a porta pechada. Sen acta e baixo unha desmesurada censura (inhibidores de sinal que bloquearon as comunicacións móbiles, impedindo a retransmisión da sesión tanto a deputadas/os como a xornalistas). Foron apenas 20 minutos, que … Seguir lendo #OpenDraghi en 8 puntos

O ‘derrubamento’ da Unión Europea.

O vixente modelo de construción europea fica supeditado directamente aos intereses da oligarquía empresarial e financeira, nomeadamente do centro continental. A UE é hoxe a Europa do Capital, fronte á necesaria cohesión social; a Europa dos Estados, fronte á Europa dos Pobos. Ao cabo un modelo europeo que desde a súa propia xénese fundacional agromou de  costas aos intereses da maioría social, e de costas á súa periferia, da que Galiza é parte.

Para as galegas e os galegos a UE supuxo a teimosa mutilación das nosas capacidades produtivas. Hoxe esa tendencia de condenar o noso país a ser periferia consumidora constátase na deliberada agresión contra a construción  naval nas nosas rías, e volverá constatarse coa reforma da política pesqueira común que ameaza, máis unha vez, con reducir á mínima expresión un sector tamén estratéxico para a nosa economía.

Seguir lendo “O ‘derrubamento’ da Unión Europea.”

A necesaria saída do euro.

Que o denominado proceso de construción europea, que cristalizaría na UE e no euro, era alentado e orientado -desde os seus inicios- como unha vía para fortalecemento da incipiente oligarquía empresarial do vello continente non é algo descoñecido. Os sucesivos tratados europeos, e boa parte da lexislación comunitaria, veñen confirmando reiteradamente que o deseño da actual Unión Europea obedecía, e obedece, aos intereses das clases dominantes, do capital. A experiencia empírica acaba de avalar que as posicións de esquerda que se opuñan á construción da Europa do Capital, non só non eran erradas senón que mesmo foron moderadas en función da evolución recente da unión.

A UE acaba de axer desde os albores da crise sistémica vixente como mera sucursal ou destacamento das organizacións de goberno transnacional que o gran poder económico, empresarial e financeiro sostén, isto é o Fondo Monetario Internacional e o Banco Mundial. A Unión Europea, e dentro dela de xeito especialmente intenso a propia Comisión, actuou como un claro axente de estímulo -cando non imposición- do modelo de capitalismo neoliberal que remataría por producir a crise que padecemos. As súas políticas, lonxe de apontoar o Estado do Benestar, teñen sido orientadas á forzosa imposición da desregulación a favor de mercados presuntamente liberalizados -nos que campan variados cárteles transnacionais- e adelgazar o Estado social.

Seguir lendo “A necesaria saída do euro.”

Coalición para Europa.

Debe ser a primeira vez que concordo dun democristiano en algo. Efectivamente, de non concorrer en solitario ás vindeiras eleccións europeas a opción máis coherente para o BNG é coaligarse con ERC, EA e Aralar. Coa CIU que se integra no grupo parlamentar liberal democrata-cristiano para dar o SI á constitución europea, ao tratado de … Seguir lendo Coalición para Europa.