A maioría social no Debate do Estado por boca do BNG.

Francisco Jorquera, exercendo de voceiro do BNG no Congreso dos Deputados, volveu demostrar que existe unha alternativa real, transformadora, comprometida co pobo galego desde o nacionalismo e a esquerda. A súa intervención de hoxe no Debate sobre Política Xeral do Estado evidenciou que non só non todas as propostas políticas son iguais, senón que existe … Seguir lendo A maioría social no Debate do Estado por boca do BNG.

Oportunidade histórica para a paz en Euskal Herria.

A valoración do escenario que se abre tralo cesar-o-fogo declarado por ETA só pode ser positiva por ser un paso ben importante que viabiliza o arelado final do conflito.

“ETA decidiu declarar un cesar-o-fogo permanente e de carácter xeral, que pode ser verificado pola comunidade internacional”. Até aí o fragmento máis difundido (inda que de xeito parcial e mesmo ultraresumido) do comunicado de ETA feito público no día de onte. Sen restarlle a relevancia que ten ese cacho o texto que lle sigue encerra tamén un elevado significado que está a ser obviado.

“Este é o compromiso firme de ETA cun proceso de solución definitivo e co final da confrontación armada” prosigue. Seguir lendo “Oportunidade histórica para a paz en Euskal Herria.”

Como celebrar a Constitución que nos nega?

“(…) a xestión de competencias delegadas pola soberanía española non é ningún xeito de autodeterminarse”

Un 6 de decembro máis asistimos ao enxalzamento do texto constitucional co que se legalizou de facto a ditadura franquista, converténdoa nunha democracia formal homologábel ás do resto da Europa occidental. Non foi ningún acto de xenerosidade, nin de repentina conversión aos valores democráticos. A constitución española foi -e segue a ser- un instrumento ao servizo da oligarquía capitalista española que precisaba a súa inserción plena no mercado europeo. O vixente texto constitucional, erixido en palabra sacra e inmutábel polo españolismo (tanto na súa variante neoliberal como na socialdemócrata), non contén ningún motivo de celebración, alén da superación formal dun réxime protofascista como foi o franquismo. Mais, algunha vez debemos superar a conservadora matraca do menos malo.

Esta constitución ten como un dos seus principais axiomas a negación da diversidade nacional do Estado, proclamando a indivisíbel unidade dunha entidade política (o Estado español) que non foi resultado senón dun continuado e artificioso proceso histórico de imposición e de asimilación centralista. Seguir lendo “Como celebrar a Constitución que nos nega?”

O goberno da nula rectificación.

O gusto de ZP polo efectismo político, a través de grandes xestos propagandísticos, non é algo novo. En troques, é un dos seus trazos característicos como marca política.

As remudas producidos no goberno central que preside ditan a primeira vista unha clara conclusión: rectificación cero. Ningún dos cambios de actor á fronte dos ministerios ten como propósito levar a termo a emenda á totalidade que unha inmensa maioría social lle está a reclamar ao executivo español. Ao contrario, todas as fichaxes teñen por obxecto reforzar o discurso que xustifica e defende as políticas antisociais, de claro nesgo neoliberal, que o PSOE está a aplicar desde os inicios da vixente crise.

Non cambian de caras para cambiar nada, senón para xustificar as súas medidas. A falta de caldo, dúas cuncas aderezadas con extra de propaganda.

Seguir lendo “O goberno da nula rectificación.”

O “xiro” do PSOE.

É evidente que o PSOE está a pegar un brusco golpe de temón no relativo ás súas propostas políticas, nomeadamente no que ten que ver coa saída da crise. Pode que definir ese feito como un xiro á dereita, como denunciaba recentemente o portavoz do BNG no Parlamento do Estado, sexa un eufemismo excesivamente xeneroso cun goberno que está a aplicar sen rubor as receitas do mesmo neoliberalismo que provocou a actual crise.

O que Zapatero presaxiaba como un breve episodio de dificultades converteuse co paso dos meses nunha crise en toda regra, que puxo en evidencia as debilidades dun modelo económico creado con base no paradigma ultraliberal en función dos intereses das principais potencias dominantes da zona euro (Francia, Alemaña?). As mesmas que converteron o Estado español nunha área fundamentalmente de servizos, nun mercado consumidor de importacións, e no que curiosamente a única industria en alza era un sector ligado á especulación financeira coma o da construción inmobiliaria, após ter desarticulado os principais sectores produtivos -como quedou patente en Galiza coa falsa reconversión do naval ou a cota láctea-.

Seguir lendo “O “xiro” do PSOE.”

O "xiro" do PSOE.

Seguir lendo “O "xiro" do PSOE.”

Non á Constitución.

auto-p

Por razóns biolóxicas elementais non puiden participar do referendo da Constitución Española de 1978. Porén, o certo é que de poder telo feito tería votado non. Basicamente por concordar cento por cento coa valoración que naquela altura fixo o nacionalismo galego, nun acto valente de firmeza ideolóxica e de coherencia, que turraba contracorrente da legalización do franquismo -chamada transición democrática-, por unha democracia real que partise do recoñecemento da nosa nación. Proxectar o que un tería votado en chave pretérita é certo que resulta sinxelo e tremendamente cómodo. A cuestión é que de ter a oportunidade hoxe de referendar aquela Constitución, ou calquera semellante, o meu voto tamén sería contrario.

O españolismo ten feito da actual carta magna un texto case sagrado e santificado. A súa data conmemorativa serve todos os anos para un enxalzamento chauvinista e tremendamente rancio. Hai quen a reivindica sen tapuxos por ser garante, forzoso, da santa unidade da España Unha. Hai tamén, quen disimula, alegando que con ela chegaron as liberdades.

Seguir lendo “Non á Constitución.”