Clamor estudantil contra os recortes

Este xoves tiveron lugar, no noso país, preto dunha vintena de mobilizacións estudantís contra os recortes no ensino anunciados polo Partido Popular. As convocatorias impulsadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, e de xeito especial polas organizacións xuvenís e estudantís nacionalistas, congregaron a milleiros de estudantes. Na Coruña e Compostela manifestáronse de 4.000 … Seguir lendo Clamor estudantil contra os recortes

Taxas universitarias

De prosperar a pretensión do PP as taxas universitarias poderían incrementarse até un 66%. Ou o que é o mesmo: as titulacións poderán encarecerse até en 540€. A maior suba da historia coincidindo cunha grave situación social por mor da crise. Esta medida, inxusta e antisocial, sumará unha nova traba ao acceso a estudos universitarios … Seguir lendo Taxas universitarias

Contra a aldraxe, tomemos a palabra.

queremos

Tras a aprobación ás agachadas do decreto, co que o Partido Popular de Núñez Feijóo consuma a maior aldraxe ao idioma propio do país dos últimos trinta anos, o secretario xeral de normalización lingüística apelou sen rubor ao aval que segundo el lle outorga unha maioría silenciosa. Dende logo esa ficticia e inexistente maioría que invoca Anxo Lorenzo, ha de ser ben silenciosa, pois o que se escoitou estes días foi unha contundente oposición á política antigalego da que el é, voluntariamente, presunto rostro amábel. Dende mestres e pedagogos, pasando por estudantes e xentes da cultura, até as dúas forzas da oposición parlamentaria e mesmo a teatralizada e falsa insatisfacción de diversos grupúsculos españolistas.

Á mesma hora que o PP utilizaba a reunión do Consello da Xunta de Galiza para vulnerar o Estatuto, a Lei de Normalización Lingüística e mesmo varios tratados internacionais, milleiros de galegas e galegos mollabámonos máis unha vez -e desta literalmente- en favor do idioma ás portas de San Caetano. A sucursal da dereita españolista que representa o Partido Popular demostrou novamente estar tan xorda coma outrora a súa central madrileña.

Seguir lendo “Contra a aldraxe, tomemos a palabra.”

26-Nov. Folga estudantil en ensino medio: paremos as agresións contra o galego!

Hai dous anos, houbo un paro xeral nos institutos para reivindicarlle á Consellaría de Educación que tomase medidas en defensa do galego no ensino. O éxito desa folga, coa participación de máis de 60.000 estudantes segundo datos oficiais, foi fundamental para que a Consellaría de Educación tivese que elaborar unha nova norma de galeguización do … Seguir lendo 26-Nov. Folga estudantil en ensino medio: paremos as agresións contra o galego!

Adiante Comités!

O pasado sábado 10 de maio tivo lugar en A Coruña a Asemblea Nacional Constituinte da nova organización do estudantado galego. Co nacemento dos “Comités”, como así se acordou denominar esta nova organización, cristalizase un proceso histórico de unificación das organizacións estudantís que operaban no ensino meio e na universidade. Os “Comités” son o resultado … Seguir lendo Adiante Comités!