O BNG votou contra a prórroga do Estado de Alarma.

A esquerda parlamentar no Congreso dos Deputados (BNG, NaBai, ERC-IU-ICV) opúxose a prolongación desta medida que suspende dereitos constitucionais. [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/S-3rQnncm-8″ width=”520″ height=”320″ wmode=”transparent” /] Apenas 9 votos en contra, entre eles os da deputada Olaia Fdez. e o do deputado Francisco Jorquera (do BNG), recibiu a proposta do goberno español de prolongar até o … Seguir lendo O BNG votou contra a prórroga do Estado de Alarma.

WikiLeaks: Paremos a persecución.

Asinade a favor da liberdade de expresión e prensa. A campanha de perseguição agressiva contra o WikiLeaks é um perigoso ataque à liberdade de expressão e imprensa. Políticos importantes dos EUA chamaram o WikiLeaks de uma organização terrorista, pedindo para empresas boicotarem o site. Comentaristas chegaram ao extremo de sugerir o assassinato da sua equipe. … Seguir lendo WikiLeaks: Paremos a persecución.

En defensa dunha rede libre.

Desta volta, e a diferenza doutro, si me adhiro a este manifesto en defensa dunha rede libre no marco dunha cultura libre, promovido por intelectuais, autores e xuristas a nivel estatal. Se coma min, acreditades nel, difundide o seu contido nos vosos blogues/redes sociais… Este é o texto, traducido ao galego:

Manifesto: En defensa dunha rede libre.

O recente “Manifesto en defensa dos dereitos fundamentais en Internet” foi subscrito por multitude de administradores de webs, bloggers e simples usuarios da Rede dun moi amplo abanico político. Revisando o escrito e dito sobre este manifesto, atopamos que temos algúns compañeiros “de viaxe” realmente incómodos. Xunto a quen apoian con sinceridade a libre difusión da cultura en Internet, un grupo de asinantes subscríbeo só para oporse ao goberno de Zapatero desde a dereita máis montaraz. Entre eles atopamos a xornalistas que defenden a libre descarga de películas ou música desde Internet pero son celosos gardiáns doutras formas moito máis inxustas e colonialistas de propiedade privada.

Seguir lendo “En defensa dunha rede libre.”

O problema BRILAT.

brilat

Hortas desfeitas, buldozers e outra maquinaria pesada alterando a paisaxe, abusos e ameazas contra unha veciñanza intimidada. Ese é o relato que as e os veciños da parroquia de Salcedo e Vilaboa levan denunciando publicamente máis dun ano, como consecuencia da apropiación de facto de terreos mancomunados, por parte do Ministerio de Defensa para uso da base da BRILAT. Estes feitos semellan ser unha nova variante do dereito de pernada medieval, ou das prerrogativas reais que convertían en aprovisionamentos os sanguiñentos saqueos.

Detrás das mobilizacións da veciñanza -fortemente reprimidas e coartadas- non agroma un antimilitarismo radical, senón un reaxer lóxico perante o que é un abuso continuado. Os veciños non reivindican imposíbeis, apenas reclaman establecer unha convivencia normal que parta do respecto entre as partes. Non deixa de impactar o feito de que andar polo monte mancomunado sexa unha actividade de risco para os propios veciños, que denuncian reiteradamente o desprezo e prepotencia do destacamento militar español instalado na súa parroquia.

Seguir lendo “O problema BRILAT.”

Os catro do L.

nol

18 meses de cárcere para cada un dos catro encausados, e unha pena económica de máis de 20 mil euros a pagar a escote. Lendo as peticións da fiscalía e da acusación particular, un intúe que no delito debeu ter mediado cando menos intimidación con arma branca ou algún feito de especial gravidade. Sobre todo tendo en conta que precisamente a 18 meses en prisión foi condenado, en abril deste mesmo ano, o ex-xefe da UDYCO (Unidade da Droga e o Crime Organizado) da Policía española na Costa do Sol por axudar a un narcotraficante.

Paradoxalmente cando un segue a ler a noticia aparecida nuns poucos medios de comunicación, comproba que os acusados son catro mozos, e que o seu gravísimo e presunto delito foi ter arrincado o ilegal L do topónimo deturpado d’A Coruña, nun coñecido macizo floral aló polo 2005. Pero a cousa non queda aí. A acusación particular (a denuncia fora interposta polo daquela Alcalde herculino, hoxe bicador-de-mans-eclesiásticas no Vaticano, Francisco Vázquez) e a fiscalía, piden unha indemnización que multiplica por 15 o valor real das flores, que segundo un informe perital non superarían en realidade os 300€.

Seguir lendo “Os catro do L.”

Nace a iniciativa “Televisión, manipulación!”

Perante os reiterados episodios de manipulación informativa nos medios de comunicación públicos do noso país, sempre en beneficio do Partido Popular, un grupo de persoas de diferentes sensibilidades que compartimos unha fonda preocupación sobre este feito, após a cobertura parcial e tendenciosa feita pola RTVG en relación á manifestación de Queremos Galego!, impulsamos a iniciativa … Seguir lendo Nace a iniciativa “Televisión, manipulación!”

Nace a iniciativa "Televisión, manipulación!"

Perante os reiterados episodios de manipulación informativa nos medios de comunicación públicos do noso país, sempre en beneficio do Partido Popular, un grupo de persoas de diferentes sensibilidades que compartimos unha fonda preocupación sobre este feito, após a cobertura parcial e tendenciosa feita pola RTVG en relación á manifestación de Queremos Galego!, impulsamos a iniciativa … Seguir lendo Nace a iniciativa "Televisión, manipulación!"

Sufraxio non democrático.

O voto, o dereito ao sufraxio, é o núcleo da democracia. Algúns sostemos que ese dereito debe ampliarse e estenderse mediante a articulación de sistemas que promovan e posibiliten a participación activa e directa da cidadanía na toma de decisións, máis aló da mera delegación das democracias representativas e pluripartidarias, entendendo que só a través … Seguir lendo Sufraxio non democrático.