Valedor de Feijóo

Benigno López vai camiño de se confirmar como o máis polémico Valedor do Pobo. A unanimidade parlamentar do seu nomeamento durou ben pouco.

Case ao fío da súa elección agromaban os primeiros síntomas da súa particular concepción da institución. Unhas explosivas declaracións súas nas que puña en cuestión as políticas de normalización lingüística, provocaran en 2007 que numerosas organizacións sociais e o BNG esixiran unha rectificación formal, que non se produciu. A CIG pediu xa entón a súa dimisión.

Seguir lendo “Valedor de Feijóo”

Ou eles ou nós

A ofensiva do capital contra as clases populares para saldar a crise sistémica ao favor deste non ten límites. Iniciouse co retallamento de dereitos laborais fundamentais, co empobrecemento de salarios e pensións. A seguir, unha suba de impostos abusiva incrementando a presión fiscal sobre as rendas do traballo e ao tempo amnistiando a fraude dos ricos. Despois, a demolición do Estado do Benestar, con recortes brutais en servizos públicos esenciais como sanidade ou ensino.

Desta volta esa ofensiva bota man dun vello recurso, a privatización. Na folla de ruta da política neoliberal do goberno Rajoy, figura a privatización do transporte ferroviario ou o cobro polo tránsito nas autovías. A peaxe das autoestradas tamén subirá.Fíxase así mesmo o incremento das taxas municipais nos concellos e un novo aumento do prezo da luz e do gas.

Seguir lendo “Ou eles ou nós”

Poder popular

A participación é a base ineludible para construír unha democracia efectiva e plena. O chamado goberno do pobo non se pode limitar á delegación electoral en institucións políticas que as máis das veces escapan do control social e nas que se consuman non poucas traizóns á vontade popular.

A democracia formal vixente alargou o exercicio da pretendida representatividade ata a substitución de facto do suxeito representado: o pobo.

Seguir lendo “Poder popular”

Un outono sen albergue.

Un novo outono e Vigo fica sen albergue municipal. Nada se sabe tampouco a respecto do dispositivo de emerxencia que nos últimos anos se puxo en marcha cada inverno. Son varios centos as persoas que na principal cidade de Galicia carecen de teito baixo o que vivir.

Porén, o alcalde nada ten feito para que a nosa cidade conte cunha dotación mesmamente indispensable. Apenas anuncios de cara á galería, mesmo coa sinatura dun convenio que aínda non se executou. Caballero tentou esquivar desde o inicio esta importante asignatura pendente, mesmo sabotando as iniciativas do BNG co que gobernaba.

Seguir lendo “Un outono sen albergue.”

Democracia participativa.

Unha das principais achegas do 15-M foi situar a reivindicación de máis democracia nun primeiro plano. Esa nova democracia real só pode asentarse na participación directa da veciñanza. Non se trata de facer desaparecer as estruturas representativas do poder político, senón de incrementar a capacidade da cidadanía de incidir sobre a acción deste.

O eido municipal, pola súa proximidade, presenta grandes potencialidades neste senso. O gran reto pasa por aumentar os mecanismos de participación directos ao tempo que se avanza cara á descentralización dos concellos.

Seguir lendo “Democracia participativa.”

75 anos de amnesia forzosa.

Vídeo: Concentración: Abaixo a cruz fascista do Castro (Vigo), 27/11/2011.
http://blip.tv/play/hptJgpCYUwI

Onte cumpríronse 75 anos do golpe militar contra a II República, de clara fundamentación filofascista e deliberado carácter anticomunista, co que daría inicio a Guerra Civil española, tras a que se instauraría a ditadura nacional-católica de Francisco Franco.

A violenta sublevación contra a legalidade democrática da España republicana e as súas consecuencias durante máis de catro décadas conforman un episodio lamentablemente descoñecido para moitos. A transición política incluíu a condena á amnesia obrigatoria, se cadra para invisibilizar que serviu para legalizar o franquismo.

Seguir lendo “75 anos de amnesia forzosa.”

Sortu: a "democracia" española a proba.

A non legalización de Sortu evidenciaría que o problema non é a violencia, senón a deliberada exclusión dun proxecto político.

Conversaba hai meses cun coñecido meu respecto do conflito político en Euskadi. Cando eu lle manifestaba a miña completa oposición á antidemocrática Lei de partidos, el retrucaba sereno esgrimindo o argumentario que reproducen os media españois. “¡É sinxelo: que condenen a violencia!”, exclamaba. Eu respostáballe que inda compartindo con el a necesidade de que a esquerda abertzale apostase decidida e unicamente pola vía política, iso non ía bastar a quen a esixe cando se producise. Sorriu con escepticismo, xa que lle parecía imposíbel que o abertzalismo acabase dando ese paso decisivo.

Díxenlle que non bastaría cumprir con ese requirimento e cos demais recollidos no articulado da infame Lei de partidos. Non ía bastar, pois a cada requisito cumprido, a cada proba superada, iríanse engadindo máis e máis, coa pretensión de facer esmorecer por esgotamento a vontade democrática de soster ese proxecto político desde as institucións. Porque o conflito vasco non ten a ver unicamente coa violencia. Seguir lendo “Sortu: a "democracia" española a proba.”

Sortu: a “democracia” española a proba.

A non legalización de Sortu evidenciaría que o problema non é a violencia, senón a deliberada exclusión dun proxecto político.

Conversaba hai meses cun coñecido meu respecto do conflito político en Euskadi. Cando eu lle manifestaba a miña completa oposición á antidemocrática Lei de partidos, el retrucaba sereno esgrimindo o argumentario que reproducen os media españois. “¡É sinxelo: que condenen a violencia!”, exclamaba. Eu respostáballe que inda compartindo con el a necesidade de que a esquerda abertzale apostase decidida e unicamente pola vía política, iso non ía bastar a quen a esixe cando se producise. Sorriu con escepticismo, xa que lle parecía imposíbel que o abertzalismo acabase dando ese paso decisivo.

Díxenlle que non bastaría cumprir con ese requirimento e cos demais recollidos no articulado da infame Lei de partidos. Non ía bastar, pois a cada requisito cumprido, a cada proba superada, iríanse engadindo máis e máis, coa pretensión de facer esmorecer por esgotamento a vontade democrática de soster ese proxecto político desde as institucións. Porque o conflito vasco non ten a ver unicamente coa violencia. Seguir lendo “Sortu: a “democracia” española a proba.”

Foráneos.

Un excelente retrato cinematográfico da xenofobia en 7′. [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/RpjHSiQLPmA” width=”520″ height=”320″ wmode=”transparent” /] Strangers (Foráneos en galego) é unha curtametraxe de sete minutos de duración  escrita, dirixida e producida por Erez Tadmor & Guy Nattiv, que mereceu numerosos premios e recoñecementos entre os que destaca o Online Film Festival Viewers Award do Festival de … Seguir lendo Foráneos.