Número especial do “AGORA!” para a Folga Xeral

A Asemblea Comarcal de Galiza Nova de Vigo, vimos de tirar do prelo un novo número do noso voceiro (Agora!), desta vez un especial concentrado na Folga Xeral de mañá. Aquí o tendes para poder visualizalo ou descargalo en PDF: http://v.calameo.com/2.3/cviewer.swf?bkcode=000005984486e0dd88736&langid=es Seguir lendo Número especial do “AGORA!” para a Folga Xeral

“Opresivo e gris? NON, crecer no comunismo foi a época máis feliz da miña vida”

Polo seu interese reproduzo aquí (traducido por min ao galego) este artigo de opinión de Zsuzsanna Clark, quen medrou en Hungría Socialista durante as décadas dos 70 e os 80, e posteriormente en Gran Bretaña. Nel narra as súas vivencias e realiza interesantes reflexións, que contrastan co discurso dominante sobre a vida nos países socialistas. Foi publicado no Dailymail e traducido ao español en El Pravda.

Cando a xente me pregunta como era crecer detrás do telón de aceiro en Hungría nos anos setenta e oitenta, a maioría espera escoitar contos de policía secreta, as colas de pan e outras declaracións desagradables sobre a vida nun estado de partido único.

Eles quedan sempre decepcionados cando lles explico que a realidade era moi diferente, e a Hungría comunista, lonxe de ser o inferno na terra, era en realidade, máis ben un lugar divertido para vivir. Os comunistas proporcionaban a todos con traballo garantido, boa educación e atención médica gratuíta.

Seguir lendo ““Opresivo e gris? NON, crecer no comunismo foi a época máis feliz da miña vida””

Ai, não nos calam!

Esta versión combativa do patético “Ai, se eu te pego” é a base musical do spot co que as e os camaradas portugueses da CGTP-IN, central sindical de clase, anuncian a grande manifestación nacional convocada para mañá sábado 11 de febreiro en Lisboa, contra o desemprego, a precariedade, os baixos salarios e a política de … Seguir lendo Ai, não nos calam!

Termómetro económico mundial dos mercados emerxentes.

http://media.economist.com/sites/default/files/media/2011InfoG/Interactive/OverheatingEconomies_20110628_3/Overheating.swf O semanario económico británico The Economist -unha das publicacións económicas de maior prestixio- ven de publicar unha caste de termómetro económico mundial no que analisa o risco de sobrequentamento nos 27 principais mercados emerxentes. Segundo explican, a ‘temperatura económica’ mídena en base a seis indicadores: a taxa de inflación, a taxa relativa de desemprego … Seguir lendo Termómetro económico mundial dos mercados emerxentes.

A maioría social no Debate do Estado por boca do BNG.

Francisco Jorquera, exercendo de voceiro do BNG no Congreso dos Deputados, volveu demostrar que existe unha alternativa real, transformadora, comprometida co pobo galego desde o nacionalismo e a esquerda. A súa intervención de hoxe no Debate sobre Política Xeral do Estado evidenciou que non só non todas as propostas políticas son iguais, senón que existe … Seguir lendo A maioría social no Debate do Estado por boca do BNG.

Acrencentando a análise sobre as eleccións lexislativas en Portugal.

Para acrecentar a análise arredor dos resultados electorais do passado domingo no país veciño, recomendo encarecidamente a lectura do último editorial do Terra e Tempo, que intitulado “Unha lectura das eleccións portuguesas” sinala algunhas chaves centrais. Especialmente atinado, e oportuno, é o sinalamento -a xeito de conclusión- das reflexións que abren os resultados das lexislativas … Seguir lendo Acrencentando a análise sobre as eleccións lexislativas en Portugal.

Debate da ILP de Queremos Galego! no Parlamento de Galiza.

Intervención inicial de Bieito Lobeira en nome do BNG [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/1eSvCV6zdJI” width=”520″ height=”320″ wmode=”transparent” /] Retruque do BNG ao Partido Popular [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/XgHvulg_fJ0″ width=”520″ height=”320″ wmode=”transparent” /] >>Nova relacionada Seguir lendo Debate da ILP de Queremos Galego! no Parlamento de Galiza.

O BNG votou contra a prórroga do Estado de Alarma.

A esquerda parlamentar no Congreso dos Deputados (BNG, NaBai, ERC-IU-ICV) opúxose a prolongación desta medida que suspende dereitos constitucionais. [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/S-3rQnncm-8″ width=”520″ height=”320″ wmode=”transparent” /] Apenas 9 votos en contra, entre eles os da deputada Olaia Fdez. e o do deputado Francisco Jorquera (do BNG), recibiu a proposta do goberno español de prolongar até o … Seguir lendo O BNG votou contra a prórroga do Estado de Alarma.

Outra fornada de achegas ao debate sobre o galego.

Bieito Lobeira, Gonzalo Constenla, Antón Losada, Xose Manuel Pereiro e Silvana Castro toman a palabra.

O debate xurdido en relación á orientación estratéxica e táctica do movemento de defensa da lingua continúa moi activo, e veñen de producirse novas intervencións e achegas ao mesmo.

Bieito Lobeira, portavoz en materia lingüística do Grupo Parlamentar do BNG, lanzou algúns interrogantes fundamentais nun artigo tremendamente pedagóxico que publicou no Terra e Tempo:

“Onde situar a antítese da tese oficial? Máis perto da tese, a fin de favorecer unha síntese máis achegada aos posicionamentos de quen pretende exterminar o noso idioma? En construír unha nova doutrina baixo a inxenuidade de atraer xente á causa do galego, cando en realidade actuaría como morfina ideolóxica para atenuar a dor do conflito e procurar unha morte doce, con agonía máis ou menos prolongada? Ou xa, directamente, en criminalizar unha liña de actuación coerente e historicamente funcional na defensa do galego?”

Seguir lendo “Outra fornada de achegas ao debate sobre o galego.”