En defensa dunha rede libre.

Desta volta, e a diferenza doutro, si me adhiro a este manifesto en defensa dunha rede libre no marco dunha cultura libre, promovido por intelectuais, autores e xuristas a nivel estatal. Se coma min, acreditades nel, difundide o seu contido nos vosos blogues/redes sociais… Este é o texto, traducido ao galego:

Manifesto: En defensa dunha rede libre.

O recente “Manifesto en defensa dos dereitos fundamentais en Internet” foi subscrito por multitude de administradores de webs, bloggers e simples usuarios da Rede dun moi amplo abanico político. Revisando o escrito e dito sobre este manifesto, atopamos que temos algúns compañeiros “de viaxe” realmente incómodos. Xunto a quen apoian con sinceridade a libre difusión da cultura en Internet, un grupo de asinantes subscríbeo só para oporse ao goberno de Zapatero desde a dereita máis montaraz. Entre eles atopamos a xornalistas que defenden a libre descarga de películas ou música desde Internet pero son celosos gardiáns doutras formas moito máis inxustas e colonialistas de propiedade privada.

Seguir lendo “En defensa dunha rede libre.”

Acto de GN en Vigo pola Autodeterminación!

A Asemblea Comarcal de Galiza Nova de Vigo organiza un ACTO PÚBLICO, no marco da campaña “A nosa lingua, a nosa nación, Autodeterminación!”, mañá domingo 6 de decembro (día da Constitución), e que ten por obxecto aproveitar esa data para reivindicar o dereito de libre autodeterminación e a defensa do noso idioma, que a actual consitución … Seguir lendo Acto de GN en Vigo pola Autodeterminación!

Charla sobre a situación do Uruguai.

CONFERENCIA-COLOQUIO Uruguai entre dúas voltas, o momento político e social actual. Falará: Leonardo Batalla, Membro do Dpto. de Relacións Internacionais do Plenario Intersindical de Traballadores (PIT-CNT) do Uruguai. Venres 6 de novembro de 2009, ás 20:00h. No Salón de Actos do local da CIG (Rúa Gregorio Espino 47, Vigo) Entrada libre e gratuíta. ORGANIZA: FESGA … Seguir lendo Charla sobre a situación do Uruguai.

Nace a iniciativa “Televisión, manipulación!”

Perante os reiterados episodios de manipulación informativa nos medios de comunicación públicos do noso país, sempre en beneficio do Partido Popular, un grupo de persoas de diferentes sensibilidades que compartimos unha fonda preocupación sobre este feito, após a cobertura parcial e tendenciosa feita pola RTVG en relación á manifestación de Queremos Galego!, impulsamos a iniciativa … Seguir lendo Nace a iniciativa “Televisión, manipulación!”

Nace a iniciativa "Televisión, manipulación!"

Perante os reiterados episodios de manipulación informativa nos medios de comunicación públicos do noso país, sempre en beneficio do Partido Popular, un grupo de persoas de diferentes sensibilidades que compartimos unha fonda preocupación sobre este feito, após a cobertura parcial e tendenciosa feita pola RTVG en relación á manifestación de Queremos Galego!, impulsamos a iniciativa … Seguir lendo Nace a iniciativa "Televisión, manipulación!"

Contra a falsificación anti-comunista.

Cartaz da URSS destacando a colaboración aliada na Segunda Guerra Mundial.

Hai unhas semanas faleivos do crecente anticomunismo. Hoxe quero convidarvos a sumarvos coa vosa sinatura a unha acción internacional contra da falsificación da historia que promoven os anticomunistas. Asinade aquí. Eu xa o fixen.

Chamamento internacional sobre o 23 de agosto (Podedes ler a tradución ao galego da declaración completa, premendo en Ler o resto.)

Seguir lendo “Contra a falsificación anti-comunista.”

Contra a destrución do Cabo Touriñán: Boicote a Pescanova!

Eu tamén secundo e apoio, coma o compañeiro Callón, o chamamento feito pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) a boicotar os produtos do grupo Pescanova, como medida de presión para frear a barbarie antiecolóxica que a empresa, coa complicidade activa do PP, quere perpetrar en Cabo Touriñán. Con todo, non podo evitar … Seguir lendo Contra a destrución do Cabo Touriñán: Boicote a Pescanova!