Escribir en medios hostís.

Lembro que un dos primeiros artigos que publiquei en prensa, senón mesmamente o primeiro, titularao “Política é convencer”. Naquel texto breve que viu a luz no quincenario A Peneira, que acaba de cumprir 500 exemplares ao servizo do país, reflexionaba a respecto do papel central que ten a conciencia no proceso político, e de que polo tanto, convencer para sumar debía ser a máxima de todo proxecto con aspiración de ser hexemónico socialmente.

Tirando algo máis do fío desa aseveración, se cadra excesivamente simple mais acaída, un conclúe que a comunicación é en consecuencia un ámbito central do traballo político. A batalla das ideas, indispensábel para crear conciencia e acumular forzas na construción dunha maioría social, dáse en boa medida coas ferramentas comunicativas das que dispoñamos.

Seguir lendo “Escribir en medios hostís.”

Nace “Pensar e Axer”, revista dixital de pensamento marxista e nacionalista galego.

Onte botou a andar un proxecto divulgativo da Asociación Cultural “Guieiro”, a Revista Dixital de Pensamento Marxista e Nacionalista Galego “Pensar e Axer”, que teño o pracer -e a responsabilidade- de dirixir. No seu Manifesto Editorial, explicamos as causas que a motivan e os seus obxectivos. Tanto Vieiros coma GZ Nación recolleron o nacemento. Este … Seguir lendo Nace “Pensar e Axer”, revista dixital de pensamento marxista e nacionalista galego.

Televisión, manipulación!

tv

Milleiros de persoas expresaron ao berro Televisión, manipulación! a súa repulsa contra a manipulación informativa que volve caracterizar a RTVG tras o regreso do Partido Popular ao goberno galego. Iso acontecía o pasado 18 de outubro, no remate da mobilización convocada pola Plataforma Cidadá Queremos Galego.

Apenas 15 días despois, e co engadido do estupor que provocou o interrogatorio televisivo feito a Carlos Callón, milleiros de persoas continuaron a expresar a súa indignación perante a utilización partidista dos medios de comunicación públicos do noso país.

Seguir lendo “Televisión, manipulación!”

A Bruxelas.

political-activism-on-the-net

O vindeiro mércores 11 de novembro participarei, como co-poñente galego, no seminario “Activismo político na web: como xerar discusión política en internet?”, organizado polo grupo ALE/Os Verdes (por iniciativa de ERC), no Parlamento Europeu (Bruxelas).

A delegación galega, que estará presente grazas ao traballo da voceira do BNG no P.E., Ana Miranda, confórmana tamén:

  • Marcos Pérez Pena, Doutor en Ciencias da Comunicación pola USC e blogueiro.
  • María Yáñez Anllo, xornalista e produtora de contidos para a Rede.
  • Manuel M. Barreiro, coordinador editorial dixital.
  • Xosé Manoel Pereiro, Decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galiza e blogueiro.
  • Manoel Santos, presidente e fundador de Altermundo.
  • Antón Baamonde, profesor de filosofía, articulista e blogueiro.
  • Fernando Arrizado, redactor de Vieiros.
  • Xurxo Salgado, coordinador de Galicia Confidencial.
  • Filipe Díez, profesor e blogueiro.

Seguir lendo “A Bruxelas.”

Nace a iniciativa “Televisión, manipulación!”

Perante os reiterados episodios de manipulación informativa nos medios de comunicación públicos do noso país, sempre en beneficio do Partido Popular, un grupo de persoas de diferentes sensibilidades que compartimos unha fonda preocupación sobre este feito, após a cobertura parcial e tendenciosa feita pola RTVG en relación á manifestación de Queremos Galego!, impulsamos a iniciativa … Seguir lendo Nace a iniciativa “Televisión, manipulación!”

Todo vale na Televisión?

Todas/os ficamos acostumadas/os á pésima oferta de programacións que nos ofrece a televisión en practicamente todas as canles privadas do estado e tamén nalgunha pública. Non falo das televisións de pago, xa que eu non as pago e polo tanto tampouco as vexo. Moito se ten dito sobre a televisión. Sobre como a caixa tonta … Seguir lendo Todo vale na Televisión?