3 documentais, 6 libros e máis de 400 artigos no 86 aniversario de Fidel

Fidel Castro é unha das personalidades máis senlleiras do século XX e continúa a ser unha figura chave neste primeiro treito do novo milenio. Fidel é sinónimo de entrega, de compromiso, de aguda intelixencia, de argumentación e conversa, de honestidade, de pedagoxía, de firmeza nas ideas, de coherencia intachábel, de valentía e coraxe, de sacrificio, … Seguir lendo 3 documentais, 6 libros e máis de 400 artigos no 86 aniversario de Fidel

Revisitar a Castelao.

Mergullarnos con frecuencia na súa obra é a mellor ferramenta da que dispomos para combater contra quen o deforma e caricaturiza.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/tnI3b2h3M7U" width="520" height="320" wmode="transparent" /]

Hoxe, día 7, é a data do 61º cabodano do falecemento do noso compatriota Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao. Este ano a data anticipa o 125º aniversario do natalicio do grande pensador do nacionalismo galego que dará inicio o vindeiro día 30 de xaneiro.

Para facer fronte a intoxicación que tenta deformar a súa obra, e nomeadamente o seu pensamento. Fronte ao cinismo de quen o reivindica cara a galería, negándoo cada intre coa súa prática. Fronte a quen pretende afogalo na xeneralización difuminadora, elevándoo a unha abstracción mitificante que de sempre el refugou. Para combater a quen -hoxe coma onte- prostitúe o seu nome e o seu verbo, a mellor ferramenta da que dispomos e visitármonos e revisitármonos con frecuencia a súa obra, beber dela, mergurllarnos nela, sen dogmatismo mais con compromiso, principiando pola obra alicerce do seu -do noso- pensamento, o “Sempre en Galiza”, do que aproveito para deitar un fragmento que coido ben actual: Seguir lendo “Revisitar a Castelao.”

O 2011 será noso.

“Xustiza, igualdade e liberdade son algo máis que palabras, son metas alcanzábeis”. Fronte á ditadura capitalista que condena a 2/3 da humanidade á infravida e á morte, fronte o totalitarismo dos ricos e poderosos que pretende seguir a recurtarnos dereitos para salvagardar a súa cobiza, fronte a plutocracia que nos goberna sen reparos, fronte esta … Seguir lendo O 2011 será noso.

Nadal.

Natal é em Dezembro Mas em Maio pode ser Natal é em Setembro É quando um homem quiser Natal é quando nasce uma vida a amanhecer Natal é sempre o fruto que há no ventre da Mulher Ary dos Santos (in Quando um Homem quiser) (Vía) Seguir lendo Nadal.

Notas da viaxe a Bruxelas.

DSCF1753

Xa de volta na Galiza, e despois de tomarme algún tempo para valorar en maior profundidade a viaxe, e de paso sacudirme o estado de confusión e mareo que sempre me producen as viaxes ao estranxeiro, quero compartir con vós, tal e como prometera, unhas poucas notas a respecto da miña participación no Seminario “Activismo político na web: como xerar discusión política en internet?” que tivo lugar o pasado mércores 11 no Parlamento Europeo.

Antes de nada, permitídeme que reitere tamén dende aquí o meu completo agradecemento a Ana Miranda por ter pensado en min e incluírme na delegación galega que participou no evento organizado, a iniciativa de ERC, por ALE/Os Verdes. Alén do convite en si, todas e todos os que compuxemos a delegación concordamos en que resulta impagábel a atención, amabilidade e mesmo cariño co que nos acolleu a nosa incombustíbel Eurodeputada de facto.

Seguir lendo “Notas da viaxe a Bruxelas.”